ABANCA e as confrarías da Mariña refrendan a súa alianza e promoven a sostibilidade e a mellora da competitividade
- A entidade financeira e os principais pósitos da provincia de Lugo avanzan en solucións que respondan ás demandas sectoriais
- O banco ofrece unha proposta de valor única con produtos que melloran a sostibilidade e a eficiencia enerxética no sector
Os representantes de ABANCA e das confrarías durante a firma.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA renova o seu compromiso co sector da pesca na Mariña tras firmar os acordos de colaboración que mantén coas principais confrarías da provincia de Lugo. Os convenios establecen unha serie de produtos e servizos creados a medida pola unidade especializada ABANCA Mar e poñen o foco nos principais retos dos pósitos, entre os que destacan a sostibilidade e a mellora da competitividade no sector.
Os acordos foron firmados polo director de zona de ABANCA na Mariña - Terra Chá, José Ángel Méndez, e o presidente da Federación Provincial de Cofradías de Lugo, José Basilio Otero, entre outros, en representación dos principais pósitos. Ao encontro tamén acudiron Javier Fraga, director de ABANCA Mar, e o coordinador, Miguel Ríos, así como outros membros do equipo de ABANCA. A firma sirviu como punto de encontro entre ambas partes para coñecer máis de cerca a situación actual do sector pesqueiro nesta zona de Galicia e trazar unha folla de ruta de traballo adaptada ás súas necesidades.
Durante a reunión de traballo, xurdiron temas que ocupan ao sector e que os convenios firmados contemplan para facerlles fronte ou mellorar a situación, como a renovación da frota, a falta de relevo xeracional, a aposta pola sostibilidade, os escenarios de baixa produtividade, a mortandade e a escalada de custos pola situación xeopolítica actual.
Crédito e sostibilidade
Os acordos firmados ofrecen unha solución integral e multidestino onde o crédito é o gran protagonista para facer fronte ás necesidades do día a día, pero tamén ás grandes inversións. Ademáis, ofrecen solucións a medida para situacións como os paros biolóxicos, a alta mortandade ou o incremento dos custos diarios.
A sostibilidade xoga un papel esencial nestes acordos, xa que ABANCA ofrece neles propostas para renovar a frota e substituíla por embarcacións máis eficientes. Así mesmo, a hipoteca naval volve adquirir especial protagonismo, xa que se trata dunha opción atractiva para afrontar a substitución de embarcacións por outras máis eficientes, máis respectuosas co medio ambiente e máis seguras para traballar. Todo isto sen esquecer as modalidades de financiamiento pensadas para o impulso da sostibilidade, que ofrecen condicións máis atractivas para o colectivo pesqueiro.
Esta firma colectiva, que beneficia a un total de seis confrarías -Burela, Celeiro, Foz, O Vicedo, Ribadeo e San Cibrao-, súmase a outros acordos firmados no que vai de ano por parte de ABANCA co sector da pesca, manifestando así o evidente compromiso que mantén a entidade cun sector de enorme relevancia en todo o territorio galego.