ABANCA e Cepesca reforzan a súa colaboración para impulsar a sostibilidade e competitividade do sector pesqueiro
- Nun contexto marcado pola inflación e o aumento dos custos operativos, a colaboración poñerá a disposición do sector solucións específicas de financiamento orientadas a mellorar a eficiencia da frota e avanzar na transición cara a modelos máis sostibles.
O presidente de Cepesca, Julio Morón (cuarto pola esquerda), e o director executivo de Banca Corporativa, Empresas e Pemes de ABANCA, Víctor Casal (tercero pola dereita), renovaron o convenio de colaboración en presencia de otros representantes de Cepesca y ABANCA.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
A Confederación Española de Pesca (CEPESCA) e ABANCA veñen de renovar o seu convenio de colaboración, consolidando unha alianza estratéxica que ambas entidades manteñen desde 2018, co obxectivo de seguir impulsando a competitividade, sostibilidade e modernización do sector pesqueiro español. A firma do acordo, levada a cabo este martes, contou coa participación do presidente de CEPESCA, Julio Morón, e o director executivo de Banca Corporativa, Empresas e Pemes, Víctor Casal. Á firma tamén asistiu o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, e outras persoas do equipo.
Apoio financeiro nun contexto complexo
Nun contexto marcado pola inflación e o aumento dos custos operativos, esta colaboración permitirá poñer a disposición do sector solucións específicas de financiamento orientadas a mellorar a eficiencia da frota e avanzar na transición cara a modelos máis sostibles.
Neste sentido, o acordo contempla financiamento para a modernización e mellora da eficiencia enerxética da frota, anticipos para inversións vinculadas á sostibilidade e solucións financeiras que dan resposta a distintas necesidades do sector, incluindo periodos de parada na actividade pesqueira, como os paros biolóxicos, tanto para armadores como tripulantes, ademais de produtos adaptados ás necesidades específicas do sector pesqueiro.
“Este acordo reforza o compromiso cos asociados nun momento clave, facilitando ferramentas financeiras que permiten mellorar a competitividade da frota e avanzar en sostibilidade. Ademais, pon de relevo a importancia de fortalecer a colaboración público-privada para garantizar o futuro da pesca, un sector estratéxico que xera emprego, riqueza e cohesión territorial en España”, sinalou Julio Morón.
Pola súa parte, Víctor Casal destacou que “o sector pesqueiro está vivindo un momento clave co que ABANCA, a través da unidade especializada ABANCA Mar, está plenamente comprometida. A firma deste novo acordo permitirá aos armadores de Cepesca acceder a un amplo catálogo de produtos e servizos a medida para reforzar a sostibilidade e potenciar o relevo xeracional do sector”.
Cepesca é a organización empresarial de ámbito nacional máis representativa da Unión Europea e agrupa a 32 asociacións de armadores con 725 buques de pesca tanto de baixura como de altura, cerca de 8.000 tripulantes e un tonelaxe de arqueo de 150.162 GTs. Entre os seus obxectivos, a Confederación persigue mellorar a competitividade das empresas pesqueiras, apostar pola formación das tripulacións e o relevo xeracional, promover o desenvolvemento dunha pesca responsable y sostible e loitar contra a pesca ilegal.
ABANCA é un banco español con vocación ibérica. Conta con preto de 900 oficinas en 11 países de Europa e América, máis de 8.000 empregados e un volume de negocio de máis de 136.000 millóns de euros. A súa proposta diferencial combina a atención persoal coa operatoria a través de canles dixitais e a distancia. ABANCA basa a súa actividade no coñecemento das necesidades do cliente e nun catálogo de produtos e servizos sinxelos, innovadores y transparentes. A especialización, a internacionalización e a sostibilidade son outras señas de identidade dunha entidade financeira situada entre as máis solventes do sector en España. ABANCA conta con rating na categoría A, o bloque de calificacións máis elevado das axencias. ABANCA mantén unha aposta estratéxica pola cadea de valor do mar. Desde 2016 conta cunha unidade de negocio especializada no mundo da pesca, ABANCA Mar, que dispón dun amplo catálogo de produtos e servizos creados para dar resposta tanto a problemáticas puntuais do sector, como ás necesidades do día a día.