ABANCA e Coren estreitan a súa colaboración e ofrecen solucións sostibles aos cooperativistas
- O banco e a cooperativa ourensá elaboran un catálogo de produtos e servizos á medida deste colectivo, cunha ampla presenza de propostas para acometer investimentos
- As dúas entidades crean tamén solucións para facer fronte ás necesidades máis perentorias, derivadas da actual conxuntura económica
ABANCA e Coren dan un novo impulso á súa histórica colaboración e renovan a convenio financeiro que manteñen as dúas entidades. O foco deste texto son novamente os cooperativistas, que desde este momento disporán de produtos e servizos atractivos e adaptados ás súas necesidades, tanto para facer fronte ás necesidades do día a día como para afrontar os investimentos que buscan mellorar a súa sostibilidade ou rendibilidade.
O texto foi asinado nas instalacións do Grupo CorenSerás redirixido a outro sitio web en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense), onde se emprazan as oficinas centrais da cooperativa e o seu Centro de Procesado Avícola. Na sinatura do novo convenio participaron a vicepresidenta do Grupo Coren, María Gómez-Franqueira e o director territorial do banco en Ourense, Rubén Saavedra. Ao acto tamén asistiu o director de ABANCA AgroSerás redirixido a outro sitio web, Jesús Combarro, e o director de Empresas de Ourense, Luis López; ademais do director xeral de Coren, Emilio Rial, e o responsable financeiro da cooperativa, Jorge Vázquez. Logo da sinatura, representantes das dúas entidades mantiveron unha reunión para analizar as perspectivas de futuro do sector e anticiparse a necesidades futuras.
Grazas a este acordo, os cooperativistas poderán acceder a condicións melloradas na contratación de produtos e servizos deseñados especificamente para facer fronte aos grandes investimentos asociados á transformación das súas explotacións, moi especialmente en termos de sostibilidade e mellora competitiva. Para iso, o banco dispón de distintas opcións, que inclúen xuros moi baixos, prazos amplos de amortización e a posibilidade de introducir carencias.
Os profesionais que se integran en Coren tamén poderán acceder a outras alternativas deseñadas para afrontar as necesidades máis perentorias, en moitos casos derivadas da actual conxuntura económica de aumento de prezos das materias primas e da enerxía. O acordo detalla a opción de acceder a financiamento de investimentos en condicións bonificadas para acceder aos fondos Next Generation da Unión Europea. Tamén pólizas de crédito con prazos que reducen os gastos de formalización, anticipos de subvencións, aprazamento de impostos, financiamento de primas de seguros agrarios, ou avais, entre outros.
O banco pon tamén a disposición dos cooperativistas a súa experiencia co sector primario en Galicia, grazas á súa unidade especializada ABANCA Agro, que contan cun catálogo de produtos adaptados ás súas necesidades e con xestores especializados. Ademais, poderán gozar das fórmulas de financiamento oficiais con diversos organismos públicos, como o SAECA, FEI, as SGR ou os convenios coa Consellería do Medio Rural con subsidicación de interés no anticipo da PAC ou na liña de financiamento de circulante.
Esta sinatura prodúcese logo de que o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, se reunise co presidente de Coren, Manuel Gómez-Franqueira, nas instalacións do grupo ourensán o pasado mes de maio, encontro no que puido amosar o compromiso do banco con Coren, pero tamén co sector primario e coa economía de Galicia.