ABANCA e Fundación José Saramago establecen unha alianza estratéxica para promover a cultura, os dereitos humanos e o medio ambiente
- As accións previstas no protocolo de colaboración inclúen seminarios, proxectos formativos, programas de sensibilización e iniciativas culturais de dimensión transnacional.

O conselleiro delegado de ABANCA, Franciso Botas, e a presidenta do consello de administración da Fundación José Saramago, Pilar del Río.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita: Vera Figueirido de ABANCA; Franciso Botas, conselleiro delegado de ABANCA; Pilar del Río, presidenta do consello de administración da Fundación José Saramago; José António de Melo Pinto Ribeiro, membro do consello de adminstración de FJS; Pedro Pimenta, administrador de Eurobic – Grupo ABANCA; e Antonio Sampaio da Nóvoa, miembro do conselleo de adminstración de FJS.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA e a Fundación José Saramago (FJS) asinaron hoxe un protocolo de colaboración que marca o inicio dunha alianza estratéxica para o desenvolvemento conxunto de proxectos e iniciativas nos eidos da Cultura, dos Dereitos Humanos e do Medio Ambiente.
O acordo foi asinado por Francisco Botas, CEO de ABANCA, e por Pilar del Río, Presidenta do Consello de Administración da Fundación José Saramago. O evento contou coa presenza de Pedro Pimenta, administrador do Eurobic – Grupo ABANCA.
"Esta alianza representa un fito fundamental na nosa misión de promover a cultura, a educación e os valores humanos. Unir forzas coa FJS permítenos reafirmar o noso papel como axentes dinamizadores do desenvolvemento social e cultural, creando redes de cooperación con entidades de referencia ibérica. Xuntos, estamos a construír pontes que fortalecen o tecido social e inspiran un futuro máis xusto e consciente", considera o CEO de ABANCA, Francisco Botas.
Este acordo de cooperación enmarca a relación institucional entre ambas as entidades e abre o camiño á realización de programas compartidos e eventos públicos que reflictan os valores e os obxectivos comúns. A alianza asenta nunha visión humanista e transformadora do papel da cultura e da acción cívica, comprometéndose ambas as institucións a fomentar o diálogo, a cidadanía activa e a sustentabilidade.
O protocolo ten unha duración de cinco anos e entre as accións previstas inclúense seminarios, proxectos formativos, programas de sensibilización e iniciativas culturais de dimensión transnacional. Cada proxecto poderá contar coa colaboración doutras organizacións públicas ou privadas, maximizando o seu impacto e alcance.
ABANCA é un banco con foco ibérico e presenza significativa en Portugal. Basea a súa actuación na comprensión das necesidades dos clientes e nun catálogo de produtos e servizos innovadores e transparentes. Especialización, internacionalización e sustentabilidade son outras características marcantes. Ademais, ABANCA mantén un firme compromiso social que o leva a promover actividades educativas, sociais e culturais que chegan a 2,5 millóns de beneficiarios e contribúen a unha sociedade máis xusta e inclusiva.
A Fundación José Saramago é unha institución cultural coa misión de preservar e promover o legado literario, humanista e cívico de José Saramago. Con sede en Lisboa e actuación nacional e internacional, a Fundación desenvolve iniciativas nas áreas da literatura, dos Dereitos Humanos, da sustentabilidade e da educación, afirmándose como un espazo de pensamento crítico e de intervención cultural.