• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e o Colexio de Xornalistas de Galicia poñen en marcha a 'Bolsa Nacho Mirás'

De esquerda a dereita, Isaac González Toribio, director de Comunicación e Relacións Institucionais de ABANCA, Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, e Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, durante a presentación da bolsa.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

19-05-2016
Corporativo

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolleu esta mañá a presentación da primeira edición da bolsa ‘Nacho Mirás’, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de GaliciaSerás redirixido a outro sitio web e patrocinada por ABANCA, coa colaboración da Facultade. A iniciativa, que conta cunha dotación económica de 5.000 euros, apoiara proxectos xornalísticos de novos titulados en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual. A recepción de propostas está aberta até o 30 de xuño de 2016.

O acto comezou coa intervención de Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, quen salientou o “carácter emblemático” de Nacho Mirás como xornalista e como profesor do centro durante seis anos: “A profesión hai que reinventala e Nacho fixo moito por iso”. Por esta razón, anunciou que a facultade iniciou os trámites para que a aula de informática número 2 leve o seu nome.

Isaac González Toribio, Director de Comunicación e Relacións Institucionais de ABANCA, afirmou que ABANCA, dentro da súa política de responsabilidade social corporativa, “ten unha preocupación por que os novos atopen oportunidades nos seus lugares de procedencia”. A esta inquietude, centrada no xornalismo “que está pasando por unha etapa crítica” quere dar resposta a convocatoria desta bolsa.

O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, agradeceu a presenza da compañeira de Nacho Mirás, Ainhoa Apestegui, e asegurou que, “desde o primeiro momento, a Xunta de Goberno do CPXG quería facer algo na memoria” do xornalista falecido. Pereiro sinalou que “nunha época moi mala para vivir do xornalismo pero, ao mesmo tempo, moi boa para facelo, a creación desta bolsa pode axudar aos novos profesionais a abrise camiño”. O decano afirmou que “a idea destas bolsas reforzase pola memoria de quen sempre defendeu a súa valía, o espírito de facerse valer, de formarse o máximo posible e defender así o posto de informador”.

Pereiro presentou tamén as bases da bolsa. Poderán concorrer a esta convocatoria titulados nos últimos anos (2016, 2015, 2014 ou 2013) en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual, con proxectos inéditos e sen ningún outro tipo de financiamento nin privado nin público. As propostas poden ser de traballos xornalísticos de calquera xénero, iniciativas para un novo medio ou proxectos que teñan como finalidade a información e a comunicación. A bolsa ten unha dotación de 5.000 euros, que poderá ser dividida se o xurado o considera.

A recepción de propostas está aberta até o 30 de xuño de 2016. As persoas interesadas deben enviar por correo electrónico a xornalistas@xornalistas.gal o formulario de inscrición, unha descrición do proxecto e cronoloxía de traballo, o orzamento estimado e unha nota sobre o autor ou autores, que poderá acompañarse dun breve currículo de cada un de eles. Valorarase que o proxecto se materialice en galego, ser membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que poida supor unha solución profesional para os solicitantes, a viabilidade de futuro do proxecto, a orixinalidade, a amplitude xeográfica do proxecto, o traballo en equipo e a documentación da memoria.

Bases da convocatoria e formulario de inscriciónVer ficheiro PDF

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .