• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e o C.R.D.O. Ribeiro firman un convenio para axudar a adegas e viticultores

  • A entidade financeira e a denominación de orixe presentan unhas liñas de axuda para responder ás necesidades de financiamento do sector
  • De maneira pioneira, créase unha modalidade de crédito deseñada para a adquisición de novas plantacións e ampliación de viñedos, que busca incentivar o relevo xeracional

O director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra (primeiro pola esquerda), xunto ao presidente do CRDO Ribeiro, José Felicísimo Pereira (segundo pola dereita) e o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro (primeiro pola dereita).

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Á esquerda, o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, xunto ao presidente do CRDO Ribeiro, José Felicísimo Pereira.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

27-10-2016
Financiero

ABANCA e o Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro intensifican o seu traballo conxunto coa firma dun convenio esta mañá en Ribadavia. O texto renova a colaboración en materia financeira das dúas entidades e aporta unha batería de opcións para afrontar a recta final da vendima. O convenio pon o acento no crédito, pero tamén nos seguros, especialmente adaptados para adegas y viticultores.

O presidente do Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro, José Felicísimo Pereira Freijido, e o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra Pedreira, rubricaron un texto que pon en escena o compromiso da entidade financeira nun sector estratéxico da economía produtiva de Ourense e que se constituí como un compoñente básico para Galicia. No acto tamén participou o director de Banca Agro de ABANCA, Jesús Combarro Pereira.

O crédito convertese no protagonista

Entre as respostas que ofrece a este colectivo, atópase unha póliza de crédito que se pode estender ata cinco anos e que mitiga os efectos da entrada en vigor da Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Grazas a este produto, as adegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores nun prazo inferior a 30 días, tal e como se estipula neste texto.

Nesta mesma liña, ABANCA e C.R.D.O. Ribeiro presentan de maneira pioneira un produto de financiamento destinado á adquisición de novas plantacións ou ás ampliacións de terreos de viñedo. O obxectivo que se persegue é a incorporación de novos produtores á actividade vitivinícola e contrarrestar a falta de relevo xeracional ou a elevada idade media dos viticultores.

Unha das novidades que se encontraron os profesionais na campaña deste ano foi a obrigatoriedade de pasar a ITV ás máquinas e equipos de aplicación fitosanitarios. Para acometer a reparación ou a adquisición de nova maquinaria, o banco con sede en Galicia activa préstamos específicos para estas necesidades. O foco no crédito completase con outros produtos como liñas de confirming, financiamento a través de leasing, anticipo de subvencións ou impostos e desconto.

Ademais do crédito, os seguros tamén se converten nos protagonistas deste novo convenio. A través de ABANCA Seguros os integrantes da denominación de orixe más antiga de Galicia poderán cubrir as súas necesidades con liñas de produtos específicos lanzados para produtores (liña para explotacións vitivinícolas, seguro de saúde colectivo e seguro de accidentes colectivo) e adegas (seguro pemes adegas).

ABANCA conta co engadido diferencial dunha división específica centrada no sector primario e as súas necesidades, ABANCA Agro. Una oferta que axunta unha importante cantidade de xestores especializados e unha rede de oficinas líder en Galicia, presente na maior parte dos municipios onde cobra relevancia o sector vitivinícola.

Sobre a Denominación de Orixe Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro é unha das catro denominacións de orixe da provincia de Ourense. Está conformada por 107 adegas dos municipios de Arnoia, Beade, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Punxín, Ribadavia, San Amaro e Toén. Os viños desta D.O. ocupan un total de 2.646 hectáreas de territorio nas que traballan 5.500 viticultores. En 2015, a produción da colleita na D.O. Ribeiro superou os 14,3 millóns de quilos de uva.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

MSCI eleva o rating ESG de ABANCA ata AA e sitúao na categoría ‘Leader’

01-04-2025
Financiero

Esta categoría é a mellor das posibles na escala de MSCI, e con iso ABANCA sitúase á cabeza do sector bancario español.

Standard and Poor’s mellora un chanzo o rating de ABANCA

27-03-2025
Financiero

A subida aplicada por Standard and Poor’s é a cuarta recibida por ABANCA desde o pasado mes de novembro, despois das aplicadas por Moody´s, Fitch e DBRS.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .