• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e o CRDO Valdeorras ofrecen fórmulas de financiamento conxuntas no arranque da vendima

  • As dúas entidades intensifican a súa colaboración para atender as demandas dos profesionais dun sector que afronta o punto crítico da campaña
  • O banco con sede en Galicia pon a disposición de bodegas e viticultores os produtos da súa oferta sectorial e a experiencia da súa división Banca Agro

O director de zona de ABANCA en Ourense Este, Diego Fernández Borrajo, o presidente do Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras, Francisco García Álvarez, e o director de Banca Agro de ABANCA, Jesús Combarro Pereira.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director de zona de ABANCA en Ourense Este, Diego Fernández Borrajo, o presidente do Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras, Francisco García Álvarez, e o director de Banca Agro de ABANCA, Jesús Combarro Pereira.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

02-09-2016
Financiero

ABANCASerás redirixido a outro sitio web e o Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras renovaron esta mañá a súa su colaboración en materia financeira. Un convenio que recolle as principais peticións do sector e que ofrece opcións de crédito para adegas e viticultores no arranque da campaña.

O presidente do Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras, Francisco García Álvarez, e o director de zona de ABANCA en Ourense Este, Diego Fernández Borrajo, rubricaron en Vilamartín de Valdeorras un texto que amosa o compromiso da entidade financeira cun compoñente básico da economía produtiva do interior de Ourense e cun sector estratéxico para Galicia. No acto tamén participou o director de Banca Agro de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, Jesús Combarro Pereira.

Respostas ás necesidades desta campaña

O convenio pon a disposición dos integrantes desta denominación de orixe a completa oferta sectorial vitivinícola de ABANCA. Un catálogo de produtos con alternativas de crédito que aborda especialmente algunhas das necesidades máis perentorias desta campaña.

É o caso dunha póliza de crédito que pode estenderse ata cinco anos e que mitiga os efectos da entrada en vigor da Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Grazas a este produto, as adegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores nun prazo inferior a 30 días, tal e como se estipula neste texto.

ABANCA tamén facilita o cumprimento doutra das novidades da campaña: a obrigatoriedade de pasar a ITV ás máquinas e equipos de aplicación fitosanitarios. Para acometer a reparación ou a adquisición de nova maquinaria, o banco con sede en Galicia activa préstamos específicos para estas necesidades. O foco no crédito complétase con outros produtos como liñas de confirming, financiamento a través de leasing, anticipo de subvencións ou impostos e desconto.

Como complemento, desde ABANCA Seguros traballouse en incorporar produtos específicos, tanto para produtores (liña para explotacións vitivinícolas, seguro de saúde colectivo e seguro de accidentes colectivo), como para adegas (seguro pemes adegas).

ABANCA conta co engadido diferencial dunha división específica centrada no sector primario e as súas necesidades, Banca Agro. Unha oferta que conxuga unha importante cantidade de xestores especializados e unha rede de oficinas líder en Galicia, presente na maior parte dos municipios onde cobra relevancia o sector vitivinícola.

Todo isto para dar reposta a un arranque de campaña que vén marcado polo retraso xeneralizado na recollida da uva e por unhas previsións baixistas baseadas nas chuvias primaverais que favoreceron a acción de fungos ou as altas temperaturas e escaseza de chuvias durante o verán.

Sobre a Denominación de Orixe Valdeorras

A Denominación de Orixe ValdeorrasSerás redirixido a outro sitio web é unha das catro denominacións de orixe da provincia de Ourense. Está conformada por 45 adegas dos municipios da Rúa, Larouco, O Barco, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín. Os viños desta D.O ocupan un total de 1.171 hectáreas de territorio nas que traballan 1.460 viticultores. En 2015, a produción da colleita en Valdeorras superou os 6,5 millóns de quilos de uva.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

MSCI eleva o rating ESG de ABANCA ata AA e sitúao na categoría ‘Leader’

01-04-2025
Financiero

Esta categoría é a mellor das posibles na escala de MSCI, e con iso ABANCA sitúase á cabeza do sector bancario español.

Standard and Poor’s mellora un chanzo o rating de ABANCA

27-03-2025
Financiero

A subida aplicada por Standard and Poor’s é a cuarta recibida por ABANCA desde o pasado mes de novembro, despois das aplicadas por Moody´s, Fitch e DBRS.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .