ABANCA e os empresarios turísticos de Sanxenxo impulsan o seu traballo estratéxico no sector
- O acordo pon a disposición dos comerciantes e empresarios numerosas opcións de crédito, grazas a produtos propios e convenios con organismos públicos
- Os asociados poderán eliminar as comisións nas súas contas, tarxetas e operacións máis habituais grazas ao programa Cero Comisións do banco
- A entidade financeira aproveita a sinatura para organizar un encontro con empresarios e autónomos da comarca para explicar as condicións dos seus produtos
ABANCA e o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) renovaron o seu convenio de colaboración. Un texto que a entidade financeira e a asociación sectorial consideran estratéxico pola aposta que supón a ampla oferta crediticia que inclúe.
A sinatura tivo lugar en Sanxenxo e contou coa presenza do presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, Francisco González López, e da directora territorial de ABANCA en Pontevedra, María del Carmen Fernández Penas. As dúas entidades escenificaron ante varias decenas de empresarios e autónomos da comarca o seu compromiso cun dos destinos turísticos máis consolidados de Galicia.
O convenio recolle unha ampla e competitiva oferta de produtos deseñados para este fin, entre os que destacan préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou comisións. O texto asinado tamén inclúe outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. Os asistentes tiveron a oportunidade de aclarar todas as dúbidas sobre estes produtos cos representantes de ABANCA asistentes.
A oferta de crédito complétase coas opcións que ofrece o convenio renovado recentemente coa Deputación de Pontevedra, así como outros convenios do ICO, Igape e SGR. A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica.
Mellora da competitividade e eliminación de comisións
As dúas entidades tamén poñen en relevancia con este texto o desafío que supón a mellora da competitividade. Os autónomos e pemes asociados poderán ser clientes do novo servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, chamado APLAZOS. Deste xeito, permítese simplificar e axilizar o financiamento instantáneo de produtos e servizos.
Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.
O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo agrupa dende 2002 os intereses de máis de 120 profesionais da localidade pontevedresa, que exercen a súa actividade nun sector estratéxico para Galicia. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.