ABANCA e os principais sindicatos agrarios comprométense co futuro do sector en León
- A entidade financeira ofrece alternativas de financiamento creadas especialmente para impulsar a mellora competitiva do campo e ofrecer solucións sostibles
- ABANCA e os sindicatos agrarios dan un novo impulso un ano máis ao acordo de colaboración que manteñen e que ofrece respostas ás necesidades de financiamento do sector
- O banco e os sindicatos traballan en conxunto para facilitar a tramitación das axudas PAC e ofrecer alternativas de crédito
ABANCA, ASAJA León, UGAL-UPA León e UCALE COAG León veñen de asinar un acordo de colaboración que avanza nunha estratexia común para facilitar a recuperación do sector na provincia e garantir a súa viabilidade poñendo o foco nás súas necesidades de crédito. O convenio reforza o compromiso do banco cun sector de gran importancia para a economía leonesa.
O coordinador de ABANCA Agro en Castela e León, Alfonso García, foi o encargado de asinar o acordo cos secretarios xerais de ASAJA León, José Antonio Turrado, da UGAL-UPA León, Matías Llorente e da UCALE COAG León, Apolinar Castellanos. Este ano as restriccións transformaron a habitual reunión con todos os representantes en encontros máis seguros.
O convenio fai especial fincapié nas fórmulas de crédito deseñadas de forma específica para os agricultores. Neste sentido, tanto o banco como os sindicatos agrarios, asumen o seu compromiso coa sostibilidade ao ofrecer servizos e produtos, como o préstamo personal ou leasing mobiliario con prazos moi amplos que permiten a renovación e modernización da maquinaria e de cultivos e a implantación de enerxías renovables.
Un dos puntos clave do acordo son o anticipo colleita e o préstamo de campaña, que servirán aos profesionais para facer fronte aos gastos habituais da próxima colleita. Ademais, contarán cunha liña específica de financiamento de seguros agrarios que lles permitirá fraccionar o pagamento ata en 12 mensualidades. Os beneficiarios do convenio poderán gozar doutras fórmulas de crédito, como liñas de comercio exterior, confirming, factoring, avais ou liñas de desconto. Tamén se ofrece a póliza de crédito con prazo de ata cinco anos, que foi deseñada especificamente para o sector e facilitará as necesidades de liquidez cun importante aforro en gastos de formalización.
O financiamento oficial é outro dos puntos importantes do documento, polo que ABANCA tramitará con especial dilixencia as liñas oficiais do ICO e SAECA. Ademais, no acordo destaca o Instrumento Financiero de Gestión Centralizada (IIFGC), que incorpora un aval de ata o 80% por parte da Administración en accións como a compra de fincas que realicen agricultores novos ou as necesidades de liquidez sen vincular a investimentos. O acordo abre tamén a porta á comercialización da liña de renovación de maquinaria agraria lanzada recentemente polo MAPA, que contempla subvencións aos avais de SAECA na compra destes elementos por importes de ata 100.000 euros e prazos de ata 10 anos. Esta liña oficial facilita a agricultores e gandeiros o acceso ao crédito en condicións moi competitivas.
Axilidade na tramitación das axudas PAC
Tanto o banco como os sindicatos agrarios traballarán na tramitación das axudas PAC, que lles permitirá axilizar a domiciliación dos pagos e ofrecer alternativas de crédito para o seu anticipo. Como novidade, ABANCA activou préstamos preautorizados por importes de ata 100.000 euros, que irán destinados a anticipos de axudas PAC e ao financiamento de primas de seguros agrarios. A estes anticipos poderán acceder ao redor ao 68% dos beneficiarios de axudas PAC que domiciliaran a súa solicitude en ABANCA. Mediante a renovación deste acordo, unha vez máis, ABANCA mostra o seu apoio á economía leonesa e en especial ao sector primario, que é de gran importancia na zona.