• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA estrea na Coruña unha nova oficina para o acompañamento dixital a clientes

  • O banco transforma a súa oficina de Obelisco nun innovador espazo aberto e funcional pensado para axilizar a operativa habitual de particulares e negocios con axuda das canles dixitais e de autoservizo
  • O centro abre en xornada de mañá e tarde e ofrece ao cliente apoio personalizado para operar desde a banca móbil e o caixeiro
Vista exterior da nova oficina de ABANCA na zona de Obelisco, na Coruña

Nova oficina de ABANCA na zona de Obelisco, na Coruña.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Vista interior da oficina de ABANCA na zona de Obelisco, coa zona de autoservizo 24 horas en primeiro plano.

Vista interior da nova oficina de ABANCA na zona de Obelisco, na Coruña.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

04-05-2026
Negocio

ABANCA estrea hoxe na Coruña un novo concepto de oficina que sitúa a dixitalización e a autonomía do cliente como eixos centrais da experiencia de servizo. O banco renovou por completo a súa céntrica oficina na zona do Obelisco para implementar este innovador enfoque, baseado no acompañamento personalizado ao cliente no uso das canles dixitais e de autoservizo para axilizar as súas xestións máis frecuentes.

A nova oficina ABANCA é un gran espazo aberto e luminoso, sen barreiras e cun deseño moderno e funcional, que potencia a proximidade, a transparencia e o confort. Está pensada, principalmente, para proporcionar a particulares, negocios e pemes da principal zona comercial e de servizos da Coruña apoio á hora de operar desde a banca móbil e o caixeiro automático para realizar operacións como o pago de recibos, transferencias, ingresos, reintegros ou a alta de tarxetas de transporte, entre outras.

Para ofrecer aos clientes maior flexibilidade e comodidade, a oficina de Obelisco dispón de horario comercial estendido. Abre ao público en xornada de mañá e tarde (de luns a xoves, de 8.15 a 14.00 horas e de 16.30 a 18.15 horas).

O centro conta con equipamento tecnolóxico de vangarda que facilita a interacción co cliente e fomenta a dixitalización e a omnicanalidade. Ten unha ampla zona de autoservizo 24 horas, dotada con catro caixeiros multifuncionais, desde os que é posible realizar as operacións cotiás en calquera momento e con total accesibilidade grazas a funcionalidades como o menú simplificado ou guiado por voz. Ademais, a oficina dispón de dispositivos de benvida, wifi gratuíta e tabletas que facilitan a mobilidade dos empregados para atender o cliente en calquera espazo da oficina.

Zona de acompañamento dixital

Un dos elementos diferenciadores deste novo concepto de servizo que evoluciona o modelo de oficina de ABANCA é a zona de acompañamento dixital, pensada para axudar aos clientes a familiarizarse coas novas solucións tecnolóxicas que facilitan as xestións bancarias. Desde este punto situado á entrad, profesionais da oficina reciben aos clientes e, en función das súas necesidades de servizo, asístenos no uso das ferramentas de banca a distancia e autoservizo, facilitando a súa autonomía na realización de operacións dixitais.

En liña cos valores de ABANCA, a oficina destaca tamén pola súa sostibilidade medioambiental. Na renovación do espazo coidáronse aos máximo aspectos como a eficiencia enerxética, o control de consumos ou o aproveitamento da luz solar a través de grandes ventás. Ademais, grazas á dixitalización de procesos redúcese ao mínimo o consumo de papel na oficina, con pautas como o fomento da firma dixital de contratos mediante o servizo Firma ABANCA ou os dispositivos portátiles, ou a consulta de xustificantes e documentos desde a banca móbil do cliente.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Cepesca reforzan a súa colaboración para impulsar a sostibilidade e competitividade do sector pesqueiro

22-04-2026
Negocio

A Confederación Española de Pesca (CEPESCA) e ABANCA veñen de renovar o seu convenio de colaboración, consolidando unha alianza estratéxica que ambas entidades manteñen desde 2018

O presidente de Cepesca, Julio Morón (cuarto pola esquerda), e o director executivo de Banca Corporativa, Empresas e Pemes de ABANCA, Víctor Casal (tercero pola dereita), renovaron o convenio de colaboración en presencia de otros representantes de Cepesca y ABANCA

ABANCA participa nunha nova edición de “Días Azuis do Comercio Galego”

09-04-2026
Negocio

Os representantes da Federación Galega de Comercio, Xunta de Galicia y ABANCA presentaron esta mañá a edición 2026 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”.

Presentación de Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .