ABANCA, galardonada dúas veces nos principais premios europeos da industria de produtos estruturados
- O banco obtén por primeira vez o galardón na categoría ‘Best Performance Spain & Portugal’ nos premios SRP Europe
- Ademais, recibe o da categoría ‘Best Distributor, Portugal’ nos premios SP Intelligence Europe
SRP Europe Awards: de esquerda a dereita na imaxe, Carlos Traquino, team leader de Tesouraría de Clientes en ABANCA Portugal, e Rafael Fernández de Soria, director de Tesouraría de Clientes España e Portugal de ABANCA.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
SP Intelligence Europe Awards: de esquerda a dereita na imaxe, Rafael Fernández de Soria, director de Tesouraría de Clientes España e Portugal de ABANCA, Carlos Traquino, team leader de Tesouraría de Clientes en ABANCA Portugal, e Anabela Pereira, team leader de Investment Products de ABANCA Portugal.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Distintivos dos premios SRP Europe (‘Best Performance Spain & Portugal’) e SP Intelligence Europe (‘Best Distributor, Portugal’), recibidos por ABANCA.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
A actividade de ABANCA no negocio de produtos estruturados foi recoñecida nas últimas semanas con senllos galardóns nos dous premios máis prestixiosos da industria europea do sector, SRP Europe Awards e SP Intelligence Awards.
Estes dous fitos acreditan o bo desempeño do banco no segmento de produtos estruturados en España e Portugal e reforzan o seu posicionamento como entidade de referencia no conxunto do mercado ibérico.
SRP Europe Awards
A entrega dos premios SRP Europe Awards tivo lugar en Londres no marco da conferencia SRP Europe 2026, na que representantes das principais entidades do continente analizaron o momento da industria.
ABANCA recibiu o premio na categoría ‘Best Performance Spain & Portugal’, que recoñece as condicións dos seus produtos estruturados en 2025 tanto no mercado de España como de Portugal, onde a entidade é ademais líder absoluto na colocación de notas estruturadas. Este recoñecemento reforza a posición de solidez e valor engadido de ABANCA para os seus clientes fronte ao resto do mercado. Así mesmo, reflicte o éxito do seu modelo de transparencia e sólida distribución, caracterizada pola diferenciación nos seus diferentes segmentos de clientes a través dunha ampla variedade de produtos adaptables a todos os perfís.
Recolleron o galardón en representación do banco Rafael Fernández de Soria, director de Tesouraría de Clientes España e Portugal de ABANCA, e Carlos Traquino, team leader de Tesouraría de Clientes en ABANCA Portugal.
ABANCA foi nomeada ademais noutras tres categorías: ‘Best distributor, Spain & Portugal’, ‘Best distributor, Portugal’ e ‘Best distributor, Spain’.
SP Intelligence Awards
Os outros galardóns de referencia na industria europea de estruturados, os SP Intelligence Awards, foron entregados en Estocolmo. Por terceiro ano consecutivo, ABANCA recibiu o premio na categoría ‘Best Distributor, Portugal’.
A concesión destes premios baséase en análise de datos e en avaliación dos candidatos en relación cos criterios de innovación, participación de mercado, desempeño e variedade de emisións. O banco destacou nos catro criterios avaliados e liderou o mercado portugués de produtos estruturados durante 2025, superando a entidades de maior tamaño.
Este logro fundaméntase no labor da súa área de Banca Privada e das súas redes comercial e de axentes financeiros. En especial, resultaron clave tanto a súa capacidade para adaptarse ás necesidades específicas do cliente, incluíndo o deseño e lanzamento de produtos á medida e en ofertas públicas, como os bos resultados xerados para os clientes.
Recolleron o premio Anabela Pereira, team leader de Investment Products de ABANCA Portugal, Carlos Traquino, team leader de Tesouraría de Clientes en ABANCA Portugal, e Rafael Fernández de Soria, director de Tesouraría de Clientes España e Portugal de ABANCA.