• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA habilita unha liña de crédito extraordinaria de 50 millóns para paliar a grave crise no regadío leonés

  • A entidade financeira convoca a vindeira semana de urxencia a unha mesa redonda aos catro principais sindicatos e a tres comunidades de regadores para abordar o problema
  • O banco pon a disposición do sector primario un amplo catálogo de produtos e a súa experiencia para facer fronte a unha situación límite para centos de agricultores da provincia
13-05-2016
Financiero

ABANCA habilitou unha liña de crédito extraordinaria de 50 millóns de euros ampliables para paliar a crise que está a padecer o regadío leonés por causa das copiosas choivas rexistradas desde principio de ano. Unha situación anómala que está a provocar graves perdas aos agricultores da provincia e que xa está comprometendo o inicio dunha nova campaña.

A entidade dota con este importe aos agricultores de León a través dun amplo catálogo de produtos adaptado ás súas necesidades particulares. ABANCA ofrece solucións a través de préstamos e pólizas flexibles, con condicións melloradas e especificamente pensadas para o sector agrario. Tamén pon á súa disposición unha gama de alternativas de crédito que contrarresten esta situación para adiantar axudas, facer fronte a gastos derivados do inicio dunha nova campaña ou obter liquidez.

De forma paralela, ABANCA convocou de urxencia para o vindeiro mércores unha mesa redonda en León cos responsables dos catro principais sindicatos agrarios e das tres comunidades de regadores para atallar a incerteza que se vive entre os agricultores. Por parte de ABANCA participarán o director territorial en León e Asturias, Marcos Lamas, e o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro. Por parte do sector tomarán partido José Antonio Turrado, secretario xeral de ASAJA en Castilla y León; Matías Llorente, secretario xeral de UGAL-UPA e presidente da xunta de goberno da Comunidade de Regadores Canal Marxe Esquerda do Porma; Juan Antonio Rodriguez, secretario xeral provincial de UCCL; Apolinar Castellanos, presidente de UCALE-COAG; Ramón Ferrero, presidente da Comunidade de Regadores do Canal do Páramo e Jorge Alvarez, presidente da Comunidade de Regadores de Payuelos.

Nesta reunión, a entidade financeira transmitirá o seu compromiso co sector primario e detallará as ferramentas para tratar de minimizar os efectos. O encontro tamén servirá para escoitar de primeira man as demandas do sector e traballar noutros produtos adaptados. Non en balde, o banco ten experiencia en atallar catástrofes no sector primario e previamente xa habilitou liñas específicas para abordar problemáticas similares.

Estas choivas inusualmente elevadas provocan que non se puidera completar a recollida da colleita e que os agricultores non puideran planificar a campaña de semente dos seus cultivos de primavera. A esta situación engádese que o prazo da PAC finaliza en poucos días e algúns profesionais non poderán cumprir co pago verde. En consecuencia, a semente da nova colleita acumula máis dun mes de atraso e altera notablemente os ciclos tradicionais de crecemento e recolección do regadío leonés.

ABANCA renovou recentemente os convenios de colaboración que mantén cos sindicatos agrarios e as comunidades de regadores de León. A entidade tamén apoiou financeiramente a numerosos pequenos agricultores que realizaron grandes investimentos no amoblamento das súas fincas. Con esta iniciativa, o banco reafirma o seu su compromiso cun sector clave na economía produtiva da provincia, grazas aos máis de 100 xestores especializados repartidos en case medio centenar de oficinas da provincia.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

Fitch sobe, por segunda vez consecutiva en doce meses, o rating de ABANCA

15-01-2026
Financiero

Fitch anunciou a subida do rating de ABANCA nun chanzo, ata BBB+, ao tempo que mantivo a perspectiva en estable.

ABANCA incrementa o seu capital en 120 p.b. tras aprobar o BCE os seus modelos internos

14-01-2026
Corporativo Financiero

O Banco Central Europeo (BCE) outorgou a ABANCA a autorización para utilizar os seus propios modelos avanzados de avaliación de risco de crédito no cálculo de requisitos de capital.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .