ABANCA impulsa a dinamización comercial dos negocios de Bembibre
- O banco e a asociación de comerciantes local rubrican un convenio de colaboración para facilitar o acceso ao crédito
- Os asociados terán á súa disposición tarifas adaptadas e xestores especializados e poderán eliminar as comisións máis habituais
ABANCA e a Asociación de Comerciantes de Bembibre (Acobem) renovaron esta mañá o convenio de colaboración que lles une. Un texto que serve como base a ambas entidades para dinamizar de maneira conxunta o comercio na localidade leonesa.
A firma do convenio tivo lugar nas instalacións do banco en Bembibre e participaron o presidente de Acobem, Jesús Blanco, e o director de zona de ABANCA en León Provincia, Pedro Vidal.
O novo convenio non só prolonga as vantaxes das que xa gozaban os comerciantes asociados desta poboación, senón que mellora as condicións de contratación. A ampla oferta financeira que activa ABANCA para os empresarios e emprendedores inclúe produtos tan habituais como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial.
Ademais destes produtos de crédito, os membros de Acobem terán á súa disposición a comercialización de produtos específicos da entidade, entre os que destaca o servizo APRAZOS nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de Venda (TPV) ou sen TPV (banca electrónica). Os comerciantes tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e mantemento dos dispositivos TPV.
A estas vantaxes, ABANCA suma os beneficios do seu Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servicios habituais.
Con este texto a entidade financeira reafirma o seu compromiso co crédito en León e coa mellora competitiva dos pequenos e medianos negocios e do comercio de proximidade. Acobem, pola súa parte, contribúe con este texto a ampliar as vantaxes das que xa gozan os seus socios e a reforzar o futuro e sustentabilidade da localidade.