ABANCA impulsa a súa liña de préstamos para estudos e ofrece ata catro anos de aprazamento nos pagos
- ABANCA Estuda inclúe créditos de ata 44.000 euros a baixo xuro e con carencia inicial para financiar os gastos de formación
- O programa de financiamento oferta tamén anticipos de bolsas sen xuros
- A entidade reforza a súa oferta para mozos con produtos flexibles, como a tarxeta NX, dispoñible ata os 34 anos, o a nova Conta Clara
ABANCA reforzou a súa estratexia para a mocidade cun paquete de produtos máis flexibles e competitivos, axustados ás particularidades deste segmento. Entre esta oferta adaptada destaca a liña de financiamento para estudos, ABANCA Estuda, con préstamos a baixo tipo de xuro que incorporan condicións máis vantaxosas para o cliente, como a posibilidade de aprazar os pagos ata catro anos.
ABANCA Estuda inclúe préstamos para financiar estudos de grao e de posgrao en calquera institución académica, con condicións diferenciais para a formación impartida polo Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE). Os créditos cobren custos de matrícula e manutención por un importe de ata 44.000 euros, a un prazo máximo de oito anos e cun tipo de xuro desde o 3,50% segundo a modalidade elixida, moi por baixo da media do mercado de financiamento ao consumo.
Tanto o Préstamo Grao como o Mestrado contemplan como novidade a posibilidade de carencia inicial de capital e xuros de ata 24 meses pero, no caso da primeira modalidade, este prazo pode aumentarse ata 48 meses se o cliente elixe a opción de dispoñer do importe solicitado de forma progresiva, o que lle dá unha maior flexibilidade no caso de que non necesite a totalidade dos cartos no momento da formalización do préstamo. Esta opción permítelle dispoñer ano a ano, ata un máximo de catro, só da cantidade que necesite e non empezar a pagar ata o quinto ano, cando reciba todo o importe.
ABANCA Estuda ofrece tamén un préstamo específico para anticipar o cobro de bolsas concedidas para estudos ligados ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou de bolsas de Excelencia Xuventude Exterior da Xunta de Galicia. Esta modalidade contempla o adianto sen xuros de ata o 95% do importe da axuda, cun máximo de 5.000 euros no caso das bolsas MEC e 11.500 euros no segundo caso, no momento en que é concedida. O cliente poderá devolver o anticipo unha vez que a administración correspondente ingrese o importe da bolsa, cun prazo máximo de 10 meses.
Estratexia para a mocidade
Ademais das novidades incorporadas á liña de préstamos para estudos, ABANCA reforzou a súa estratexia para os clientes novos con outros produtos flexibles e adaptados ás particularidades deste segmento. Unha das iniciativas máis relevantes foi a mellora de condicións da tarxeta de débito NX, un dos produtos ‘estrela’ da entidade para os mozos, que constitúe un referente no conxunto do sector polos seus grandes beneficios.
A entidade ampliou ata os 34 anos o límite de idade desta tarxeta, que non ten comisións de mantemento nin de administración, nin tampouco por cambio de divisas no estranxeiro. Outra das vantaxes da NX é a retirada gratuíta de diñeiro en caixeiros de todo o mundo. En España, permite reintegros de efectivo gratuítos en toda a rede de ABANCA e ata cinco retiradas ao mes en calquera dispositivo da maior rede do sector (Euro 6000, Bankia e Banco Sabadell). No estranxeiro, poderase retirar diñeiro gratis en calquera caixeiro, ata un máximo de cinco veces ao mes.
A nova Conta Clara de ABANCA diríxese tamén principalmente cara ao segmento de xente nova, cun perfil máis dixital e que realiza as súas operacións habituais a través da banca electrónica, app móbil e do caixeiro. O produto está composto por unha conta corrente e un depósito -remunerado ata o 0,15% se o cliente domicilia a súa nómina/pensión- conectados entre si, que permiten aforrar de forma automática e sinxela. Non ten comisións de mantemento, administración e nin por transferencias online e ingreso de cheques. O paquete de contratación de Conta Clara inclúe para cada titular unha tarxeta de débito gratis -NX ou Visa Electrón- e unha de crédito -Visa Tú-, sen custo para os clientes menores de 35 anos e tamén para o resto a cambio duns requisitos mínimos.
Ás vantaxes pola contratación da Conta Clara o cliente pode sumar un incentivo de 200 euros ou elixir entre varios agasallos se domicilia antes do 31 de decembro a súa nómina ou pensión en ABANCA.