ABANCA impulsa a súa rede na zona sur coa apertura do novo Espazo Málaga
- O inmoble acolle unha oficina comercial e servizos especializados para empresas e banca privada, alén de dependencias da dirección territorial para Andalucía e Canarias
- Con 500 metros cadrados útiles, o novo espazo dá resposta ás distintas necesidades de atención comercial cun modelo que potencia a transparencia, o confort e a proximidade co cliente
- Málaga súmase á rede de centros insignia da entidade que contan con este modelo de oficina, xunto a cidades como Madrid
Zona de atención no novo Espazo ABANCA Málaga.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
O novo Espazo ABANCA Málaga emprázase no número 6 da Alameda de Colón.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Oficina comercial no novo Espazo ABANCA Málaga.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Oficina de banca privada no novo Espazo ABANCA Málaga.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
De esquerda a dereita, Gabriel González Eiroa, director xeral Comercial de ABANCA; Rafaela Gordo, directora da Territorial Sur de ABANCA, e Gerardo Fuertes, director executivo de Territorios e Redes de ABANCA.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA inaugurou hoxe Espazo Málaga, un centro financeiro singular e polivalente co que o banco potencia o seu modelo de especialización e orientación ao cliente, e reforza a súa estratexia de crecemento na zona sur do país. Emprazadas no Distrito Centro da cidade, no número 6 da rúa Alameda de Colón, as novas instalacións contan cunha ampla zona comercial para a atención a familias, autónomos, pemes e institucións, unha oficina de empresas e servizos de banca privada. Así mesmo, albergan dependencias corporativas da Dirección Territorial Sur de ABANCA, que xestiona a rede comercial do banco en Andalucía e Illas Canarias.
Con motivo da apertura, ABANCA celebrou un encontro con clientes para presentarlles o novo espazo, as zonas de atención comercial e o modelo de relación do banco. No acto estiveron presentes o director xeneral Comercial, Gabriel González Eiroa; o director executivo de Territorios e Redes, Gerardo Fuertes, e a directora territorial Sur, Rafaela Gordo, acompañados polo equipo que traballa nas recentemente estreadas instalacións. Entre as máis de 70 persoas invitadas figuraban unha salientable representación do tecido empresarial malagueño, así como o segundo tenente de alcalde e concelleiro de Economía e Facenda, Carlos Conde, e a tesoureira xeral do Ayuntamiento de Málaga, María Dolores Turanzas, entre outros.
Espazo Málaga foi deseñado baixo os estándares do modelo ‘Espazo ABANCA’, xa implementado en centros insignias da entidade financeira en prazas crave como Madrid. Este novo concepto de oficina busca maximizar a experiencia e o confort do cliente a través de espazos máis abertos e sostibles e cun deseño contemporáneo, que cobren as distintas necesidades de servizo e especialización e favorecen unha atención máis transparente e próxima. Ademais, estes espazos destacan polo seu alto compoñente tecnolóxico e dixital.
Espacio aberto e flexible
O centro inaugurado hoxe dispón de máis de 500 metros cadrados útiles distribuídos en dúas alturas. Na planta baixa sitúase a oficina comercial, mentres que a entreplanta se destina ao servizo aos segmentos de empresas e banca privada, así como ás dependencias corporativas do Territorial Sur e da Dirección de Zona Andalucía Oriental.
As novas instalacións de ABANCA en Málaga incorporan un gran espazo aberto e flexible, equipado por un mural de pantallas LED (videowall) de gran formato, que conecta a contorna da oficina comercial coas zonas de atención especializada e os espazos de traballo colaborativo da Territorial. Alén dos postos comerciais, o inmoble dispón de varias zonas de atención dinámica e cinco salgas de reunións independentes dotadas con pantallas, tres delas equipadas tamén con sistemas de videoconferencia.
En materia medioambiental, o centro incorpora sistemas de climatización e iluminación LED de alta eficiencia para optimizar o consumo enerxético. Tamén se coidaron especialmente aspectos como o aforro de auga, a recollida de residuos ou a mellora da calidade ambiental interior, entre outros.
Outros elementos diferenciais de Espazo Málaga son un gran xardín vertical de vexetación natural preservada e unha salientable presenza de obras da Colección de Arte ABANCA a través de reproducións de gran formato en diferentes salas e zonas comerciais.
Territorial Sur
Este novo espazo polivalente permite a ABANCA reforzar a súa presenza en Málaga, onde conta con cinco oficinas (tres en Málaga cidade, unha en Torre do Mar e unha en Marbella). Ademais, este investimento resulta decisiva para potenciar a actividade da Territorial Sur.
Creada a principios deste ano, a dirección territorial de ABANCA para a zona sur do país xestiona a actividade dunha trintena de oficinas, maioritariamente localizadas na comunidade andaluza. Esta rede está conformada, en gran parte, por oficinas minoristas, aínda que tamén inclúe oito oficinas especializadas en empresas e un centro de ABANCA Conecta, a unidade do banco especializada na atención a distancia.
Andalucía é un dos territorios prioritarios no plan de crecemento de ABANCA polo seu sólido crecemento económico e dinamismo demográfico, e o elevado peso que nesta comunidade teñen sectores como o turismo, o primario ou os servizos, fundamentais na estratexia de especialización do banco.