• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA impulsa o seu negocio de seguros con novos produtos, estrutura e modelo comercial

  • A entidade agrupa en tres sociedades a súa actividade de seguros tras recuperar a totalidade da cadea de valor
  • ABANCA Vida y Pensiones, compañía con maior taxa de crecemento no primeiro trimestre en España
  • A Tarifa Plana, o produto estrela de ABANCA no mercado asegurador, é recomendada por 9 de cada 10 clientes

De esquerda a dereita, Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, e Álvaro García Diéguez, director xeral de ABANCA Seguros.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación ABANCA Seguros Estructura, modelo de negocio e principais datos da actividade de ABANCA Seguros. Ver ficheiro PDF
28-04-2016
Negocio

ABANCASerás redirixido a outro sitio web vén de relanzar a súa actividade no negocio de seguros e plans a través dun plan de acción que inclúe a creación dunha nova estrutura organizativa, a implantación dun novo modelo comercial e a presentación de novos produtos, como a Tarifa PlanaSerás redirixido a outro sitio web, caracterizados pola súa innovación, sinxeleza e valor para o cliente.

“No actual escenario de tipos e crecente dixitalización, esta liña de negocio ten para ABANCA unha importancia clave, á altura do financiamento a empresas, a actividade dixital, os medios de pago e a vinculación co cliente”, sinalou o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas no acto de presentación que a entidade organizou hoxe en Santiago.

O negocio de seguros constitúe un dos principais instrumentos da política de diversificación de ingresos de ABANCA. O banco facturou en 2015 170 millóns en primas de seguros e xestiona 2.138 millóns en pensións e seguros de aforro. Respecto a 2014, o segmento de vida creceu un 31,5%, o de non vida un 38,6% e a captación neta de plans de pensións un 109%. O número total de clientes situouse en 384.000. No primeiro trimestre de 2016 ABANCA Vida y Pensiones situouse como a compañía de maior crecemento no mercado español, situándose no posto 7 do ranking, cinco lugares máis arriba que en decembro de 2015.

Proceso de reordenación

Nos últimos anos ABANCA desenvolveu un proceso de reordenación societaria a través de compras e fusións que lle permitiu recuperar o 100% do control sobre a cadea de valor do seu negocio de seguros. Este proceso incluíu como principais operacións as compras das participacións do 50% nas sociedades conxuntas que ABANCA mantiña con Aviva e Caser, así como a fusión das corredurías de ABANCA e o Banco Etcheverría. Tras este proceso, ABANCA pasou de operar a través de cinco sociedades a facelo unicamente a través de tres coas que cubre todo o espectro de clientes e produtos.

ABANCA Seguros Vida y Pensiones opera no ramo de vida e pensións, ABANCA Seguros Operador de Bancaseguros en mediación de produtos de comercialización xeralista, e ABANCA Seguros Correduría no segmento de grandes riscos. Esta estrutura, apoiada por 2.500 xestores comerciais na rede de oficinas de ABANCA, conta cun equipo propio de 190 profesionais dotados dun alto grado de especialización nos diferentes segmentos. O segmento de previsión social, especializado en plans de pensións e aforro, dispón de 140 persoas. O segmento de empresas tamén conta con tratamento específico para atender as súas características diferenciais.

O cliente, centro da estratexia de ABANCA

Os seguros e plans de pensións constitúen un segmento de gran impacto económico para o cliente, que ten neles unha ferramenta para protexerse de eventualidades e xerar aforro de cara ao futuro. En 2015 os clientes de ABANCA recibiron 40 millóns de euros en prestacións de seguros e 129 millóns en prestacións de aforro/pensións. As prestacións de fogar, pagos protexidos, vida e autos beneficiaron a 53.409 clientes.

Nos ramos de vida risco e vida aforro ABANCA pon á súa disposición produtos de creación propia adaptados ás necesidades persoais de cada cliente. No ramo de non vida ABANCA selecciona a mellor oferta económica e de coberturas entre un amplo catálogo de compañías provedoras. Posteriormente, unha vez que o produto foi comercializado, ABANCA realiza un proceso de métricas e control de servizo para garantir a satisfacción do cliente.

Tarifa Plana, produto estrela

ABANCA lanzou nos últimos meses numerosos produtos para cubrir diferentes necesidades en diferentes segmentos: Seguro de Vida Muller, Seguro de Vida Maiores de 45 Años, Seguro de Salud Autónomos, etc. Ademais iniciou a comercialización dun novo catálogo de plans de pensións e de rendas vitalicias. Todos eles foron deseñados baixo as mesmas premisas que o banco aplica na creación de todos os seus produtos e servizos financeiros: sinxeleza, innovación e valor para o cliente.

A Tarifa Plana de ABANCA SegurosSerás redirixido a outro sitio web, un paquete bonificado que permite aos clientes agrupar nun único recibo mensual todos os seus seguros e aforrar ata un 7% do importe total sen intereses nin comisións, é o produto con maior protagonismo entre eles. A enquisa de satisfacción realizada por ABANCA Seguros reflicte que 9 de cada 10 clientes que contrataron o produto recoméndano. O 92% considera que cubre as súas necesidades reais, o 86% sitúao como primeira opción se contratase máis seguros, o 89% destaca que ofrece un beneficio mutuo para o banco e o cliente, o 98% valora moi positivamente o labor dos xestores de ABANCA, e o 70% outórgalle unha nota de 9-10 tras a contratación.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .