• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA inaugura na Coruña Espacio Avenida

  • O banco contribúe á recuperación do patrimonio histórico no marco do seu compromiso coa Coruña e con Galicia
  • O inmoble conserva a fachada e todos os elementos arquitectónicos singulares deseñados por Rafael González Villar
  • Espacio Avenida será un centro dedicado ao negocio con oficina retallista, oficina de empresas e espazo para equipos de apoio comercial

Na imaxe, un dos espazos do novo edificio corporativo de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante a súa intervención no acto de inauguración do Espacio Avenida.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, durante a súa intervención no acto de inauguración do Espacio Avenida.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Asistentes ao acto de inauguración do Espacio Avenida

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Fachada do edificio de ABANCA Espacio Avenida en A Coruña

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

20-02-2025
Corporativo Negocio

ABANCA presentou hoxe na Coruña Espacio Avenida, o novo edificio corporativo do banco na cidade tras a rehabilitación integral do inmoble que ocupaba o antigo Cine Avenida. A actuación realizouse co máximo respecto á construción orixinal, conservando a fachada e todos os elementos arquitectónicos singulares do edificio, que se integran agora nun espazo renovado de acordo co modelo comercial do banco: aberto, colaborativo, sostible e dixital.

O emblemático inmoble deseñado polo arquitecto Rafael González Villar foi inaugurado en 1941 e atopábase en desuso desde 1998. O proceso de recuperación foi longo e complexo. En 2018 encargouse o deseño do proxecto inicial a Elsa Urquijo Arquitectos e en 2022 comezaron as obras, que se prolongaron ata decembro de 2024. Nelas participaron unha trintena de empresas baixo a dirección de obra de Carmen Bermudez de Castro e a dirección de execución material de Francisco Lopez Mouzo.

As novas instalacións contan cunha superficie útil de 3.228 m2 e estarán dedicadas á actividade financeira e comercial. Albergarán unha oficina retallista, unha oficina de empresas, a sede da Dirección Territorial Coruña e acollerán tamén a diferentes equipos que dan soporte ás áreas de negocio do banco.

Inauguración

O acto oficial de inauguración contou coa presenza do presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas. Ao redor de 300 persoas asistiron ao evento, no que se presentou a transformación do histórico edificio nun espazo tecnoloxicamente avanzado, adaptado ás necesidades actuais, pero que conserva a súa esencia orixinal.

O presidente de ABANCA remarcou na súa intervención que Espacio Avenida será un centro aberto á sociedade: “Pretendemos que sexa un sitio onde poder escoitar e potenciar as aspiracións dos nosos clientes; un núcleo no que viabilizar ideas e proxectos de mozos, de emprendedores ou de calquera persoa que teña unha iniciativa que compartir. Aspiramos a que este sexa un espazo de confluencias, no que poidan producirse encontros nos máis diversos formatos, provistos dos mellores e máis actuais recursos tecnolóxicos”.

Pola súa banda, o noso conselleiro delegado puxo en valor que “con este edificio recuperamos para a cidade un edificio emblemático e cargado de historia, moito máis que un edificio para moitos coruñeses. Non é a primeira vez que recuperamos para a cidade o valor do seu patrimonio. Xa o fixemos co que hoxe é o edificio de ABANCA Seguros en Rega de Auga, e tamén coa mellora doutros espazos desta cidade nos que traballamos máis de 1.500 persoas de ABANCA”.

Vangarda tecnolóxica

A firme aposta de ABANCA pola innovación queda patente en Espacio Avenida. O novo centro incorpora a tecnoloxía máis avanzada para poñer ao servizo da clientela, os equipos de traballo e toda a cidadanía espazos confortables á vez que útiles e funcionais.

Desde o exterior pódese apreciar un dos elementos máis diferenciais: o escaparate experiencial. Esta pantalla permite unha visualización de gran impacto e utilizarase para emitir contidos interactivos que permitan ao espectador unha inmersión na experiencia de marca.

A continuación, na entrada á oficina, atópase Agustín, un avatar de Intelixencia Artificial en formato acomodador que ofrecerá información sobre os produtos e servizos de ABANCA. Incorpora tamén as funcionalidades de xestor de citas, establecendo unha nova forma de relación do banco coa súa clientela.

Tamén destacan a pantalla led e o sistema de proxección instalados nun dos espazos máis característicos do inmoble: a antiga sala de cinema, que se converteu nun espazo flexible e polivalente que permitirá acoller encontros nos formatos máis singulares.

Espazo sostible

A sostibilidade é outra característica que guiou o proxecto desde o primeiro momento. En todo o proceso de construción aplicáronse as mellores prácticas para minimizar o impacto ambiental e coidáronse especialmente aspectos como a eficiencia enerxética, o confort térmico, a iluminación, o consumo de auga ou a recollida de residuos.

As intervencións realizadas complétanse coa creación de zonas axardinadas e a incorporación de vexetación ao deseño. Estes elementos verdes contribuirán a mellorar o benestar do persoal do banco que traballa no centro, así como a experiencia do resto de persoas que o visiten.

Todos estes elementos contribuirán á obtención dunha alta cualificación na certificación de sostibilidade BREEAM.Serás redirixido a outro sitio web

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA lanza unha emisión de débeda perpetua AT1 por 500 millóns de euros

08-09-2025
Corporativo Financiero

A operación executada hoxe refinanciará a emisión similar (AT1) de 375 millóns emitida en xaneiro de 2021, que incorporaba a posibilidade de amortización anticipada en xaneiro de 2026.

B100, novo patrocinador principal da Cursa dels Nassos de Barcelona

29-07-2025
Corporativo

B100. The Healthy Banking dará nome á Cursa dels Nassos que se disputará o 31 de decembro.

Cursa dels Nassos
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .