ABANCA inaugura no Museo de León a exposición ‘Bajo el signo de Picasso’
- ABANCA reúne a máis de 250 persoas para a inauguración dunha mostra que recolle o mellor da súa Colección de Arte
- Juan Carlos Escotet Rodríguez destaca na súa intervención a relevancia de León para ABANCA
- A exposición poderá visitarse dende o 16 de setembro ata o 13 de novembro no Museo de León
ABANCA inaugurou hoxe no Museo de León unha mostra que recolle unha selección de 38 das mellores obras que conforman a súa colección de arte. Durante o acto que contou coa asistencia de máis de 250 invitados de todos os sectores da sociedade leonesa, interviñeron o alcalde de León, Antonio Silván, a conselleira de Cultura y Turismo da Junta de Castilla y León, María Josefa García Cirac e o vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, que reiterou a relevancia que León ten para ABANCA e como mostra foi a primeira cidade elixida “á que ofrecemos esta exposición da que nos sentimos particularmente orgullosos”.
O vicepresidente da entidade financeira destacou no transcurso da súa intervención o valor da colaboración entre institucións “se o resultado é o de poñer en marcha proxectos que beneficien a persoas e familias e comunidades de estudantes”. Juan Carlos Escotet agradeceu á Junta de Castilla y León e ao Ayuntamiento da capital leonesa a súa disposición para organizar esta exposición que é “o primeiro dunha serie de proxectos que nos propoñemos ofrecer a León” e “abre un territorio de posibilidades que nos cargan de entusiasmo e expectativas”.
Escotet finalizou a súa intervención sinalando que “non só queremos ter unha presenza construtiva en León senón que aspiramos a ser, en alianza con outras institucións, unha recorrente fonte de boas noticias”.
Pola súa parte, a conselleira destacou a importancia da colaboración público-privada en proxectos “tan interesantes e ambiciosos como o que hoxe se inicia con esta exposición”. Ademais, sinalou que a iniciativa sirve de exemplo para mostrar o obxectivo da Junta de proxectar desde os seus centros unha programación cultural de calidade, destinada aos casteláns e leoneses e a captar turismo cultural cara a Comunidade.
Dentro dos programas didácticos e educativos que desenvolve a Consejería de Cultura y Turismo nos museos que xestiona, está previsto que se desenvolvan dúas actividades específicas desta exposición con escolares de Infantil, Primaria e Secundaria.
O alcalde da cidade resaltou nas súas palabras que “estamos ante unha exposición que fai cidade, que impulsará outros sectores, e que proxecta León a nivel nacional e internacional. Xamais en León víronse tantas obras xuntas deste prestixio”.
Trátase, indicou Antonio Silván, de una exposición “de categoría mundial que pon de relevo, por un lado, a vinculación da entidade ABANCA coa nosa cidade e a súa vontade de contribuír ao potencial cultural de León, e, por outro, unha achega singular e de enorme atractivo a unha axenda cultural ampla e de calidade que é un dos piares sobre os que este equipo de goberno asenta unha oferta turística que ten como obxectivo, non só o incremento do número de visitantes, senón tamén unha estancia máis duradeira na nosa cidade”.
Para finalizar a súa intervención lembrou que é unha exposición “aberta a todos os leoneses, sen ningún tipo de impedimento, xa que, quero recalcalo, a entrada a esta exposición é gratuíta”.
Aberta ata o 13 de novembro
‘Bajo el signo de Picasso. Vanguardias e influencias en la Colección de Arte ABANCA’, poderá visitarse dende o venres 16 de setembro ata o próximo 13 de novembro no Museo de León. A mostra reúne unha selección de 38 obras dos fondos artísticos de ABANCA que permiten revisar os momentos máis relevantes da arte española e internacional da primeira metade do século XX. O proxecto inclúe debuxos, pinturas e esculturas de 26 artistas da talla de Picasso, Juan Gris, Dalí, Miró, Kandinsky ou Giorgio de Chirico.
A exposición é a primeira que presenta ABANCA en León dentro da colaboración cerrada coa Junta de Castilla y León e o Ayuntamiento leonés para os próximos tres anos.