ABANCA inicia unha campaña de recollida de xoguetes para as familias máis desfavorecidas
- Baixo o lema ‘A ilusión crece cando se comparte’, a entidade recollerá xoguetes para que Cáritas os distribúa entre os nenos e nenas que máis o necesiten
- As doazóns poderanse realizar do 12 ao 23 de decembro en dous locais que a entidade financeira habilitará en Vigo e A Coruña
- ABANCA tamén porá a disposición de todo o que queira colaborar un número de conta no que se poderán facer achegas para comprar xoguetes
Baixo o lema ‘A ilusión crece cando se comparte’, ABANCASerás redirixido a outro sitio web Obra Social pon en marcha, por terceiro ano consecutivo, unha campaña solidaria de recollida de xoguetes para axudar ás familias máis desfavorecidas durante este Nadal. A entidade financeira galega habilitará dous locais en Vigo (Policarpo Sanz, 17) e A Coruña (Rúa Real, 71) para que todas as persoas que queiran colaborar poidan entregar alí os xoguetes.
Todos os xoguetes recibidos doaranse a Cáritas para que esta organización distribúaos entre as familias galegas máis desfavorecidas. “Queremos poñer o noso granito de area para que nestas datas ningún neno quede sen xoguetes”, sinala Tatiana Suárez Cancelo, directora de Responsabilidade Social CorporativaSerás redirixido a outro sitio web de ABANCA.
Os locais permanecerán abertos do 12 ao 23 de decembro de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas e serán atendidos por empregados e empregadas de ABANCA que participan no programa de voluntariado corporativo da entidade.
Conta solidaria
Ademais, para todas as persoas que queiran colaborar pero non poidan achegarse a doar os xoguetes, ABANCA pon á súa disposición un número de conta ES80 2080 7208 3385 3000 7122 no que se poderán facer doazóns. Co diñeiro recadado, ABANCA comprará xoguetes para entregar aCáritasSerás redirixido a outro sitio web.
Xoguetes novos para todos
Os xoguetes que se doen teñen que ser novos, xa que non hai infancia de primeira e segunda categoría. Ademais, é importante que estean en bo estado e preferiblemente que se entreguen embalados.