• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA inicia unha campaña do Nadal solidaria para axudar á reforestación do monte galego

  • A entidade transforma a súa campaña do Nadal nunha acción solidaria e plantará 4.608 árbores, un por cada empregado, para recuperar o bosque galego
  • ‘Unha nova árbore’ é o nome do regalo solidario que se poderá adquirir en calquera oficina de ABANCA en Galicia ou na web www.unhanovaarbore.com para axudar á reforestación do monte
  • Co diñeiro recadado realizaranse tarefas de reforestación das zonas afectadas polos incendios en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat

De esquerda a dereita, Andrés Rodríguez, do Grupo Naturalista Hábitat, Tatiana Suárez, directora de RSC de ABANCA, e Jorge Mahía, director de Marketing, Intelixencia e Dixital de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, Andrés Rodríguez, do Grupo Naturalista Hábitat, Tatiana Suárez, directora de RSC de ABANCA, e Jorge Mahía, director de Marketing, Intelixencia e Dixital de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe do solidario que se entregará a todas as personas que queiran colaborar coa iniciativa.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

04-12-2017
RSC

ABANCA presentou hoxe a campaña solidaria que acaba de pór en marcha en todas as súas oficinas de Galicia e en liña na web www.unhanovaarbore.comSerás redirixido a outro sitio web para recadar fondos e axudar á reforestación do monte galego afectado os incendios do pasado mes de outubro.

A entidade financeira decidiu transformar a súa campaña do Nadal nunha acción solidaria e plantará 4.608 árbores, un por cada empregado, para recuperar as zonas queimadas.

A partir do xoves, todo o mundo poderá sumarse a esta iniciativa e colaborar con 10 euros, a cambio ABANCA entregará o regalo solidario ‘Unha árbore nova’. O regalo contén un tronco de cartón reciclado co que se pretende simbolizar que este ano a árbore de Nadal está onde ten que estar: nos bosques galegos. Co diñeiro recadado, a entidade financeira, a través do seu programa de voluntariado corporativo, realizará tarefas de reforestación nas zonas afectadas polos incendios en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat.

“A nosa campaña de Nadal vai estar centrada en conseguir axuda para a reforestación dos nosos bosques. A decoración do Nadal en todas as sucursais será un vinilo coa mensaxe ‘Este Nadal a miña árbore está onde ten que estar… nos bosques galegos’ e o regalo solidario ‘Unha nova árbore’ para que todo o que queira poida contribuír á recuperación das zonas afectadas polos incendios”, asegurou durante a presentación o director de Marketing, Intelixencia e Dixital de ABANCA, Jorge Mahía.

A campaña estará presente en todas as sucursais do banco en Galicia e o regalo solidario tamén se poderá conseguir a través da web www.unhanovaarbore.com e recibilo en casa. ‘Unha árbore nova’ irá acompañado dun folleto explicativo coas distintas accións que se irán pondo en marcha para reforestar o monte queimado. Ademais, todas as persoas que axuden cunha árbore e queiran saber que se fará con ela, poden deixar o seu correo electrónico e iráselles contando todas as iniciativas que progresivamente acompañarán este plan.

Plantación de árbores a partir de marzo de 2018

As tarefas de replantación das árbores iniciaranse a partir de marzo de 2018. Os empregados da entidade que forman parte do programa de voluntariado corporativo de ABANCA serán os encargados de plantar, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, as árbores que se adquiran. “O compromiso co medio ambiente é un dos alicerces da nosa política de Responsabilidade Social Corporativa e esta acción solidaria enmárcase dentro do programa de axuda que puxemos en marcha para paliar os danos dos incendios. Xa realizamos algunhas tarefas de rexeneración cos nosos voluntarios e con esta acción o obxectivo é plantar o maior número posible de árbores novas nos nosos montes”, indicou Tatiana Suárez, directora de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA.

A primeira acción que se levará a cabo para a correcta rexeneración do chan será pór en marcha medidas que permitan reducir a súa degradación. Máis adiante, impulsarase o bosque autóctono coa plantación de especies arbustivas e arbóreas. O director de actividades ambientais do Grupo Naturalista Hábitat, Andrés Rodríguez Pereira, explicou durante a presentación da iniciativa o tipo de árbores que se comprarán para a reforestación. “Plantaranse especies consideradas autóctonas, evitando en todo momento utilizar aquelas que teñan un posible comportamento invasor, sexan froito dun excesivo uso como recurso forestal (plantacións) ou aquelas utilizadas cun mero fin ornamental”, sinalou.

Voluntariado corporativo ABANCA

As actividades ambientais son unha das áreas clave do programa de voluntariado corporativo de ABANCA. Desde que se produciron os incendios en Galicia, a dirección de Responsabilidade Social Corporativa da entidade financeira organizou diferentes accións co obxectivo de devolver o patrimonio natural de Galicia ao seu estado orixinal.

Os voluntarios ABANCA xa realizaron distintas actividades para contribuír á reforestación do monte galego nas Fragas do Eume na Coruña, no Parque Natural de Babia y Luna en León e na zona de Coruxo en Vigo.

O equipo de RSC de ABANCA tamén traballa coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia para coordinar unha acción de liberación e esparexemento de substrato seco para impedir desprazamentos de residuos queimados e cinzas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .