• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA lanza a súa unidade especializada de Banca Persoal

  • ABANCA Persoal ofrecerá produtos e servizos exclusivos a inicialmente 150.000 clientes de patrimonio medio-alto e especiais necesidades de servizo
  • En 2016 ABANCA foi, cun 10,6%, a segunda entidade española con maior crecemento porcentual en fondos de investimento

De esquerda a dereita, Manuel Nogueira, director de Banca de Particulares de ABANCA, Luis Beraza, director xeral de Negocio España, e Mónica Vázquez, directora de ABANCA Persoal.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, Luis Beraza, director xeral de Negocio España de ABANCA, Mónica Vázquez, directora de ABANCA Persoal, e Manuel Nogueira, director de Banca de Particulares.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

08-02-2017
Negocio

ABANCA creou unha unidade especializada para prestar servizo a clientes cun nivel de patrimonio ou renda medio-alto e especiais demandas de atención e servizo. Esta unidade, denominada ABANCA Persoal, nace da mesma filosofía de especialización a través da cal o banco creou divisións como ABANCA SegurosSerás redirixido a outro sitio web, ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, ABANCA AgroSerás redirixido a outro sitio web ou ABANCA Consumer Finance.

ABANCA Persoal prestará servizo a clientes con patrimonio de entre 100.000 e 500.000 euros ou ingresos mensuais superiores a 3.000 euros, con maior interese na contratación de produtos alternativos ao prazo fixo, con maiores necesidades de atención especializada, e que demandan en maior medida servizos diferenciais e personalizados. En total serán 150.000 os clientes actuais que se poderán beneficiar dos produtos e servizos de ABANCA Persoal, aínda que a entidade fixouse como obxectivo a captación de novos clientes a través desta unidade.

ABANCA Persoal foi presentada hoxe en Vigo coa presenza de Luis Beraza, director xeral de Negocio España de ABANCA, Manuel Nogueira, director de Banca de Particulares, e Mónica Vázquez, directora de ABANCA Persoal. “O noso obxectivo é situarnos como entidade de referencia neste segmento a través da combinación de oferta exclusiva e servizo personalizado”, sinalou Luis Beraza. Cun 10,6%, ABANCA foi en 2016 a segunda entidade financeira con maior incremento de patrimonio en fondos de investimento (dato a novembro, último mes con información comparable do sector).

Proposta de valor

ABANCA Persoal contará con 120 xestores e 50 asesores especializados que estarán certificados pola Asociación Europea de Asesoría e Planificación Financeira-patrimonial (EFPA) en materia de mercados financeiros, produtos de investimento e aforro, fiscalidade, normativa e regulación, e asesoramento e planificación financeira. Nos últimos anos a entidade despregou para este colectivo un ambicioso plan de capacitación que continúa na actualidade.

Este equipo prestará servizo a través de oficinas específicas de ABANCA Persoal e oficinas estándar do banco. “Cunha proposta de valor baseada na confianza, a especialización e a innovación, os nosos asesores e xestores porán a disposición dos nosos clientes atención personalizada, produtos que dean resposta ás súas necesidades, e ferramentas altamente tecnolóxicas para quenes requiran asesoramento e planificación financeira”, destacou Manuel Nogueira.

ABANCA Persoal ofrecerá un servizo integral que partirá dunha análise das necesidades e demandas do cliente. “O coñecemento do cliente é o paso inicial para informarlle, desde a cualificación técnica e a experiencia dos nosos xestores e asesores, sobre as mellores opcións para dar resposta ás súas necesidades”, explicou Mónica Vázquez.

Produtos e servizos exclusivos

O catálogo de ABANCA Persoal inclúe solucións como a Conta Premium ABANCA Persoal, tarifa plana de valores, produtos de financiamento en condicións especiais, e a tarxeta de débito e crédito ABANCA Persoal, de próximo lanzamento.

En aforro-investimento ABANCA Persoal aposta polos fondos de investimento, plans de pensións e seguros de aforro como opcións no actual contexto de tipos baixos. A entidade lanzará en breve un fondo de investimento garantido que, ademais de garantía do 100% do patrimonio investido e liquidez diaria a valor de mercado, disporá de catro reembolsos anuais que suporán unha renda periódica para o cliente.

En plans de pensións os clientes gozarán de servizos como a ferramenta de estudo personalizado ‘O meu plan de xubilación’, que lles ofrecerá información estimativa sobre a súa futura pensión, e bonificacións de ata o 4% por achegas extraordinarias ou traspasos.

Adicionalmente os clientes de ABANCA Personal terán á súa disposición o catálogo xeral de productos e servizos del banco, entre os que destaca a súa banca móvil, unha das mellor valoradas do mercado polos usuarios.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .