ABANCA lanza o préstamo 24 horas
- A entidade compensará economicamente ao cliente se incumpre o prazo de resposta
- A versión Auto do crédito permite aprazar ata seis meses o inicio do pago de cotas
ABANCA avanza na mellora da calidade de servizo aos seus clientes co lanzamento do ‘Préstamo 24 horas’, un produto áxil, transparente e competitivo para atender distintas necesidades de consumo. O préstamo mellora as condicións do ‘Multicrédito 48 horas’, ao reducir á metade o prazo de resposta ao cliente.
O banco comprométese por escrito co cliente a resolver nun prazo máximo de 24 horas a súa solicitude de financiamento dende que dispón de toda a documentación e da súa sinatura. No caso de que a entidade incumpra o compromiso de resposta en 24 horas, compensará economicamente ao cliente.
Outro dos atributos do ‘Préstamo 24 horas’ é a transparencia. Cando o cliente solicita o financiamento, ABANCA entrégalle un documento onde se especifican as condicións detalladas do produto e unha ‘carta de servizo’, que recolle o compromiso da entidade de responder á súa solicitude, como máximo, nun día laborable. Ademais, o banco mantén informado ao cliente en todo momento do estado da súa solicitude a través de SMS e da banca electrónica e móbil.
O ‘Préstamo 24 horas’ concédese a través dun préstamo persoal bonificable ou dunha tarxeta revolving Visa Clip (tarxeta de crédito que posibilita o pago aprazado mediante unha cota fixa), en función do importe e preferencia do cliente.
Ata 50.000 euros
O importe do préstamo varía entre os 3.000 e os 50.000 euros, a devolver nun prazo que pode oscilar entre os 6 e os 96 meses. O cliente pode rebaixar o tipo de xuro ata o 7,75% en función da súa vinculación coa entidade. Ademais, pode amortizar parcialmente ou cancelar o préstamo de xeito anticipado sen custo.
Coa tarxeta Visa Clip, o cliente pode acceder a un crédito de 500 a 6.000 euros e pagalo de xeito aprazado en cómodos prazos mediante una cota fixa mensual, que pode cambiar cando o desexe a través de calquera canle do banco.
Préstamo Auto
O ‘Préstamo 24 horas’ incorpora a versión Auto, para financiar tanto a compra de vehículos novos como de ocasión en condicións moi competitivas. Neste caso, o tipo de xuro pode bonificarse ata o 6,95% en función da fidelidade do cliente coa entidade. Ademais, o ‘Préstamo 24 horas Auto’ ofrece ao cliente carencia inicial tanto de capital como de xuros, lo que lle permite aprazar ata seis meses o inicio do pago de cotas.
Os clientes que soliciten o ‘Préstamo Auto’ de ABANCA recibirán tamén por escrito un documento coas condicións do produto e unha ‘carta de servizo’, que recolle o compromiso do banco de responder á solicitude de financiamento nun prazo máximo de 24 horas.