ABANCA lanza unha emisión de AT1 por 250 millóns de euros
- A demanda superou en 2,4 veces o importe emitido
- A entidade realizou unha oferta de recompra de obrigacións polo mesmo valor
ABANCA anunciou e executou hoxe unha emisión de capital regulatorio por 250 millóns de euros en bonos perpetuos continxentes convertibles ao 10’625%. Esta nova emisión substituirá á emitida en outubro de 2018, desembolsarase o 14 de xullo próximo, e conta cun rating (esperado) de B+ (Fitch).
O mercado reaccionou con gran interese, demostrado nun volume de demanda que superou en 2,4 veces o importe ofrecido. Presentáronse á operación máis de 70 ordes individuais, a maior parte delas correspondentes a investidores estables de gran calidade. A operación completouse durante a mañá de hoxe nunha contorna condicionada polas incertezas macroeconómicas e xeopolíticas que poñen en valor a decisión do banco de acudir ao mercado e a sólida resposta dos seus investidores.
Atendendo á eficiencia na xestión dos seus instrumentos MREL, ABANCA ofreceu aos investidores da emisión de outubro de 2018 a posibilidade de adiantarse á súa cancelación, prevista para o 2 de outubro deste ano, mediante recompra da mesma. Ambas as operacións liquidaranse o próximo día 14 de xullo.