ABANCA, mellor entidade española no rating de sostibilidade de Sustainalytics
- Tras a última revisión, a entidade mantense na categoría de ‘Risco inapreciable’
- ABANCA está situada na posición 12ª entre 1.022 bancos de todo o mundo
A axencia de cualificación Sustainalytics, do grupo Morningstar, sitúa a ABANCA como a mellor entidade financeira española na súa clasificación por rating de sostibilidade. ABANCA recibe unha cualificación de 6,8 puntos, o que a sitúa na categoría de ‘Risco inapreciable’ (‘Negligible risk’), a mellor das posibles na escala da axencia.
Sustainalytics posiciona a ABANCA como segunda mellor entidade entre as 550 da súa categoría en todo o mundo. No total de bancos analizados, ABANCA está situada no posto 12 entre 1.022 entidades de todo o mundo.
A posición destacada de ABANCA recoñece a forma na que a entidade desenvolve a súa actividade en cuestións como a ética empresarial, seguridade e privacidade da información e integración de factores ESG na súa política de investimento responsable.
Tamén en materia de sostibilidade, ABANCA é avaliada polas axencias Moody´s Analytics, que lle outorga unha cualificación de 60/100 puntos, con perfil ESG ‘Avanzado’, e por MSCI ESG Ratings, que a sitúa en ‘Categoría A’.
Banca responsable e sostible
ABANCA situou a sostibilidade no centro do seu modelo de toma de decisións e aliñouna coa súa estratexia de transformación, poñendo especial foco no apoio aos seus clientes para a transición cara a un modelo produtivo máis sostible.
As actuacións desenvolvidas estrutúranse en tres grandes liñas de acción: ambiental, con medidas para facer fronte á emerxencia climática; socioeconómica, dirixida a impulsar a recuperación e a transformación cara a un desenvolvemento sostible; e de bo goberno, que se concreta nun modelo de xestión enfocado cara ás necesidades dos grupos de interese e con especial atención aos novos riscos.
Máis información sobre os ratings de ABANCA: https://www.abancacorporacionbancaria.com/gl/investidores/informacion-financeira/Serás redirixido a outro sitio web
E sobre as características e escalas dos mesmos: https://www.abancacorporacionbancaria.com/files/documents/definicion-ratings-esg-webcorporativa-2024-es.pdfVer ficheiro PDF
Copyright ©2024 Morningstar Sustainalytics. Esta nota de prensa contén información desenvolvida por Sustainalytics (www.sustainalytics.com). Dita información e datos son propiedade de Sustainalytics e/o dos seus terceiros provedores (Third Party Data) e proporciónanse unicamente con fins informativos. Non constitúen un respaldo de ningún produto ou proxecto, nin asesoramento en materia de investimentos e non se garante que sexan íntegras, exactas ou adecuadas para un propósito particular. A súa utilización está suxeita ás condicións dispoñibles en https://www.sustainalytics.com/legal-disclaimersSerás redirixido a outro sitio web.