• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA mobiliza 60 millóns para contrarrestar os efectos das xeadas e a seca no campo leonés

  • A entidade financeira convoca a un foro de traballo aos principais sindicatos agrarios, comunidades de regadores e asociacións de agricultores de León para abordar este dobre desafío
  • O banco deseña unha oferta integral que responde ás demandas deste colectivo, con financiamentos áxiles, prazos amplos e outros elementos de flexibilidade
  • ABANCA impulsará nas vindeiras semanas unhas xornadas informativas sobre as alternativas de aseguramento para agricultores e gandeiros

O director territorial de ABANCA en León/Asturias, Marcos Lamas (segundo pola esquerda); e o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro (primeiro pola dereita); durante a xornada de traballo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director territorial de ABANCA en León/Asturias, Marcos Lamas (cuarto pola esquerda); e o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro (quinto pola esquerda); durante a presentación dos resultados da xornada de traballo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

25-05-2017
Negocio

ABANCA crea unha liña específica de financiamento para facer fronte á situación de urxencia que vive o campo leonés tras as xeadas das últimas semanas e a perentoria seca que padece desde hai varios meses. A entidade financeira mobiliza inicialmente 60 millóns de euros para mitigar os efectos destes dous fenómenos, aínda que se poderá ampliar a cantidade segundo as necesidades dos agricultores e gandeiros.

Esta liña de crédito urxente foi unha das alternativas que a entidade financeira presentou esta mañá aos principais representantes do primario na provincia. ABANCA deu a coñecer as súas propostas de financiamento adaptadas, no marco dun foro de traballo organizado polo banco na súa oficina principal en León.

Nesta mesa de traballo informal participaron, por parte de ABANCA, Marcos Lamas, director territorial en León e Asturias; e Jesús Combarro, director de ABANCA AgroSerás redirixido a outro sitio web. Por parte do sector tomaron partido José Antonio Turrado, secretario xeral de ASAJA en Castilla y León; Matías Llorente, secretario xeral de UGAL-UPA e presidente da xunta de goberno da Comunidad de Regantes Canal Margen Izquierda del Porma; Juan Antonio Rodriguez, secretario xeral provincial de UCCL; Apolinar Castellanos, presidente de UCALE-COAG; Ramón Ferrero, presidente da Comunidad de Regantes del Canal del Páramo; Eloy Baílez, secretario xeral da Comunidad de Regantes del Canal del Páramo; Jorge Alvarez, presidente da Comunidad de Regantes de Payuelos; Manuel Mantecón, secretario de Ferduero e do Sindicato del Embalse de Barrios de Luna; e Ángel Gallego, presidente da Asociación Berciana de Agricultores.

Esta mesa de debate chega nun momento límite para o campo leonés, que padece carencia de auga desde hai meses e que se se prolonga pode poñer en perigo a plantación de cultivos de inverno. Este problema viuse agravado con tres xornadas consecutivas de temperaturas baixo cero que afectaron á floración temperá dos cultivos tanto de seca como de regadío, así como ás explotacións gandeiras.

Respostas áxiles ante situacións límite

A entidade financeira responde así ás demandas do sector primario con produtos de crédito áxiles, con amplos prazos e con outros elementos de flexibilidade. Os profesionais do campo poderán optar a préstamos en condicións preferentes, financiamento de gastos de campaña e incluso anticipar o cobro das axudas PAC ou as potenciais axudas que poida conceder a Junta de Castilla y León a este colectivo.

A entidade financeira seguirá apostando por un sector clave na provincia e nas próximas semanas ten previsto organizar xornadas informativas para agricultores e gandeiros sobre as alternativas de aseguramento para este colectivo. Neste sentido, o banco dará a coñecer as condicións para financiar as primas de seguros agrarios. ABANCA tamén manterá a súa colaboración coas comunidades de regadores para modernizar as explotacións, amoblar as parcelas e garantir a súa viabilidade.

ABANCA xa activou hai xusto un ano unha liña extraordinaria de 50 millóns para atallar a crise que estaba a padecer o regadío leonés debido ás copiosas chuvias. Grazas a este apoio crediticio, os profesionais do campo reduciron os efectos e puideron iniciar a pasada campaña con normalidade.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .