• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA obtén ata setembro un beneficio neto de 267 millóns de euros, cunha rendibilidade do 9,8%

  • A marxe comercial recorrente avanza un 12% pese á contorna de baixos tipos de xuro
  • O novo financiamento a pemes e autónomos crece un 22% e acada os 6.000 millóns
  • A morosidade descende por debaixo do 7% tras unha redución do 26% dos saldos dubidosos. O peso destes activos representa tan só o 1% do balance
  • ABANCA mantense entre as entidades máis rendibles do sector

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación resultados terceiro trimestre de 2016 Principais datos dos resultados do terceiro trimestre de 2016 Ver ficheiro PDF
27-10-2016
Resultados

ABANCA obtivo nos primeiros nove meses de 2016 un beneficio neto de 267 millóns de euros, un 0,4% más que no terceiro trimestre do pasado exercicio, A súa rendibilidade (ROTE) situouse no 9,8%, o que a mantén entre as entidades financeiras españolas máis rendibles.

A clave do crecemento do resultado está na actividade con clientes. A marxe comercial recorrente aumentou un 12%, sustentada no impulso do novo financiamento e a maior rendibilidade das formalizacións, ademais da comercialización de produtos e servizos de valor engadido.

A entidade enfocouse con decisión no segmento de pemes e autónomos, aos que concedeu 6.000 millóns do novo financiamento no período, un 22% máis que no mesmo periodo do ano anterior

Ao mesmo tempo, aplicou medidas de austeridade e control do gasto que lle permitiron reducir un 3% os seus gastos de explotación.

Outra das claves do período foi a mellora da calidade do risco, cunha redución significativa da morosidade, que se sitúa por debaixo do 7% cando a media do sector está no 9,5%.

ABANCA afiánzase entre as entidades máis capitalizadas do sector financeiro, cun ratio de capital CET1 do 14,4%. Esta vantaxe competitiva vese reforzada cunha folgada posición de liquidez e unha estrutura de financiamento baseada en depósitos.

Crecemento rendible do negocio

A marxe comercial recorrente avanzou un 12% interanual a pesares da complexa contorna de baixos tipos de xuro. As novas formalizacións de crédito melloran en 41 puntos básicos a rendibilidade da carteira.

En paralelo, o impulso ao negocio de fóra de balance propiciou que os ingresos por servizos se incrementaran un 6,4%. Outros epígrafes destacados foron os avais e os medios de pago.

Deste xeito, a entidade diversifica os seus ingresos e fortalécese fronte á contorna de baixos tipos de xuro. Os ingresos por servizos representan xa o 26,9% da marxe básica da entidade, 250 puntos básicos máis que en setembro de 2015.

O beneficio viuse apoiado pola mellora da eficiencia, motivada por un incremento dos niveis de produtividade e unha política de austeridade e control do gasto. O volume de negocio por empregado crece un 6,5% nun ano, mentres que os gastos de explotación se reducen un 3,1%, fronte a un incremento do 3,8 no sector a xuño de 2016.

En base a estas cifras, o beneficio neto acada os 267 millóns de euros, o que sitúa a rendibilidade (ROTE) no 9,8%.

Incremento da actividade con clientes

O crédito á clientela, actividade prioritaria para a entidade, crece un 5,2% en termos interanuais, e suma 25.562 millóns de euros. A produción de novo crédito está sendo suficiente para compensar as amortizacións, ao contrario que ocorre no sector onde o crédito caía en xuño un 1,2%.

Os principais destinatarios do novo financiamento foron as pemes e autónomos, O banco concedeu a estes segmentos crédito por importe de 6.000 millóns de euros, un 22% máis que no mesmo período do exercicio anterior.

A entidade está conseguindo incrementar a súa penetración grazas á proximidade ao cliente, á axilidade na resposta e ao desenvolvemento da súa oferta dixital, cunha banca electrónica de empresas que se sitúa entre as máis valoradas do sector.

O bo comportamento dos principais epígrafes do negocio tradicional permitiu a ABANCA lograr novos incrementos na súa cota de mercado. En Galicia, primeiro mercado da entidade financeira, xestiona o 41% dos depósitos e o 31% do crédito.

Dinamismo na comercialización de produtos de valor

Os recursos xestionados fóra de balance, con alto valor engadido para os clientes nesta contorna de tipos, mantiveron un bo ritmo de vendas. Os fondos de investimento, plans de pensións e seguros de aforro rexistran un crecemento interanual do 9,4%, ata acadar os 4.441 millóns de euros.

Cabe destacar o incremento rexistrado no que vai de ano na subscrición de fondos de investimentos non monetarios, que practicamente se triplicou ata situarse en 99 millóns de euros.

Polo que respecta aos seguros, as vendas rexistraron un incremento interanual do 34,8% en primas. O negocio asegurador de ABANCA acada un ROE do 10,5%.

Mellora da calidade del risco

A prudencia nas políticas de risco e o esforzo na recuperación teñen o seu reflexo na continua mellora da calidade da carteira de investimento, cun impacto positivo no custo do crédito.

O saldo dubidoso descende un 26% no ano e a taxa de morosidade sitúase no 6,97%, fronte a unha media do sector español do 9,5%. Os saldos dubidosos acumulan 11 trimestres consecutivos de reducción desde decembro de 2013.

A entidade mantén unha cobertura do crédito dubidoso do 59,5%, un dos niveis máis elevados do mercado. A media do sector a xuño de 2016 era do 54,4%.

Pola súa banda, a cobertura de activos adxudicados elévase ao 55,6%. O peso destes activos representa tan só 1% do balance.

Entre as entidades máis solventes e líquidas

ABANCA mantense entre as entidades con maiores ratios de solvencia do sector en España, cun ratio de capital CET1 Phase In do 14,4%. O exceso de capital sobre o requisito esixido acada os 1.186 millóns de euros.

A liquidez é outra das fortalezas competitivas de ABANCA. O banco dispón de máis de 11.400 millóns de euros entre activos líquidos e capacidade de emisión, e cumpre amplamente os requisitos de liquidez a curto e longo prazo establecidos polo BCE para 2018.

Ademais, ABANCA mantén unha sa estructura de financiamento, que asegura a súa sustentabilidade futura. En detrimento doutras fontes de financiamento, a entidade financia a concesión de crédito mediante a captación de depósitos.

S&P respalda o crecemento rendible e sustentable de ABANCA

A axencia de cualificación Standard and Poor´s recoñeceu esta semana a boa evolución da entidade cunha mellora da súa perspectiva de rating, que pasa de estable a positiva. A axencia destaca como claves para elevar a súa cualificación o fortalecemento do negocio do banco, o crecemento en crédito a pemes e financiamento ao consumo e a melloría da calidade dos seus activos. A axencia tamén valora positivamente o grao de cumprimento do plan estratéxico 2015-2017.

O resto de axencias que califican a ABANCA, afirmaron durante 2016 o rating a longo prazo de ABANCA en BBB (low) no caso de DBRS y BB+ no de Fitch destacando ambas a posición de capital que mantén a entidade e o descenso nos volumes de activos problemáticos que está logrando mantendo elevados niveis de cobertura.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

RESULTADOS 1T 2025: ABANCA gaña 220 millóns de euros, cunha rendibilidade do 15,2%

28-04-2025
Resultados

A entidade mantén uns robustos niveis de capitalización, cun cociente CET1 do 13,2%, tras crecer catro décimas no trimestre.

Principais cifras Resultados ABANCA 1T 2025

RESULTADOS 4T 2024: ABANCA gaña 1.203 millóns de euros, cunha rendibilidade recorrente do 16,5%

28-01-2025
Resultados

A entidade pecha a súa primeira década transformada nunha das entidades máis fortes e competitivas do sistema bancario ibérico.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .