ABANCA obtén un BAI de 342 millóns antes de impostos e aumenta un 14% o negocio con familias e empresas
Terceiro trimestre 2015: O resultado susténtase na mellora dos ingresos recorrentes e da calidade do risco
- Rendibilidade: O beneficio neto alcanza os 266 millóns de euros Mellora a marxe comercial por segundo trimestre consecutivo O ROE sitúase no 8,82%
- Calidade do risco: O ratio de mora segue mellorando e sitúase no 9,5%, cun descenso do 31% interanual A cobertura sitúase no 58%, unha das máis altas do sector
- Solvencia: Sólida posición de capital, cun ratio CET1 situado no 15,68% e unha folgura de máis de 1.670 millóns sobre o mínimo requirido As tres axencias de rating melloraron a súa cualificación de fortaleza financeira
- Liquidez: Cunha liquidez superior aos 10.700 millóns, ABANCA cumpre en setembro de 2015 os requirimentos máis esixentes de Basilea III
- Dinamismo comercial con familias e empresas: O negocio con clientes aumenta un 14% A venda de produtos de valor engadido como seguros ou fondos increméntase nun 19%
Descarga los contenidos anexos
ABANCA obtivo ata setembro un resultado antes de impostos de 342 millóns de euros. Este resultado susténtase no crecemento dos ingresos recorrentes, a boa evolución da marxe comercial, a melloría da calidade do crédito e a fortaleza dos ratios de capital e liquidez. O beneficio neto sitúase en 266 millóns de euros.
O terceiro trimestre estivo marcado por novos crecementos da actividade con clientes minoristas, tanto na concesión de crédito como na captación de depósitos, e na comercialización de fondos de investimento, plans de pensións e seguros.
A intensa actividade do negocio principal da entidade traduciuse nunha mellora dos ingresos recorrentes: a marxe comercial aumenta por segundo trimestre consecutivo e os ingresos por prestación de servizos elévanse a 126 millóns de euros.
Rendibilidade: fortaleza do núcleo do negocio
O banco logrou aumentar un 10% a marxe comercial respecto ao primeiro trimestre apoiado no incremento do volume e o control dos prezos. Os ingresos por prestación de servizos aumentan un 7,5% ata os 126 millóns de euros grazas ao bo ritmo de comercialización dos principais produtos de valor engadido. Os ingresos por comercialización de seguros incrementáronse nun 43% con respecto ao mesmo período do ano anterior. Os ingresos por pasivos fóra de balance avanzaron un 27% e por activos, un 19%. A rendibilidade do banco (ROE) sitúase no 8,82%.
Ver imaxe 2
Conta de resultados consolidada
Ver imaxe 3
Crecemento do negocio con familias e empresas
ABANCA deu un novo impulso á concesión de crédito a empresas e familias. A entidade concedeu 7.889 millóns de euros en financiamento durante os nove primeiros meses do ano, o que supón un 84% máis respecto ao terceiro trimestre do exercicio anterior.
O dinamismo na concesión de crédito permitiu un crecemento do 11% interanual no saldo da carteira crediticia en situación normal. Este aumento contrasta coa caída do -12% rexistrada no mesmo período de 2014.
A captación de recursos de clientes minoristas tamén consolida o seu crecemento, cun avance interanual do 16%.
Como resultado, ABANCA aumentou en 53 puntos básicos a súa cota de crédito no mercado galego e en 45 puntos básicos a cota de depósitos.
Ver imaxe 4
Calidade do risco: a morosidade recórtase en 1.257 M€ e baixa ao 9,5%
A taxa de morosidade continúa o seu descenso como consecuencia das medidas de recuperación dos clientes e do mellor contexto económico. Tras unha melloría do 31% interanual, a morosidade quedou situada no 9,5%.
O saldo de créditos dubidosos reduciuse en 1.257 millóns desde setembro de 2014, o que supón unha melloría interanual do 29,7%. A cobertura destes créditos, situada no 58%, segue sendo unha das máis altas do sector, grazas á política conservadora seguida pola entidade no provisionamento de riscos.
Ver imaxe 5
Solvencia: un dos niveis de capitalización máis elevados do sector
Grazas á súa política de énfase na solidez, ABANCA mantén a súa posición como unha das entidades máis solventes do sector financeiro español e europeo.
O ratio de capital de máxima calidade, CET1 (Common Equity Tier 1), sitúase no 15,68%, 278 puntos básicos máis que no mesmo período do ano anterior. Todo o crecemento do capital é orgánico.
Este nivel de capitalización supón un exceso de máis de 1.670 millóns de euros sobre o mínimo regulatorio que previsiblemente se requirirá ás entidades de acordo coas directrices de Basilea III.
Ver imaxe 6
As axencias de rating recoñecen a evolución do banco
As cualificacións das axencias de rating reflicten a evolución da entidade. Fitch, Standard and Poor´s e DBRS apoian a melloría dos fundamentais de ABANCA con subidas do seu rating de fortaleza financeira. As axencias destacan a melloría da calidade dos seus activos, o incremento do seu nivel de capitalización e a aplicación dos novos procesos de xestión do risco.
Liquidez: folgada posición, con máis de 10.700 millóns de euros
ABANCA mantén unha folgada posición de liquidez, ao dispor de máis de 10.700 millóns de euros entre activos líquidos dispoñibles e capacidade de emisión. Estas cifras avalan a estratexia de sostibilidade a longo prazo desenvolvida pola entidade, focalizada no negocio minorista tradicional e a concesión de crédito. O banco financia a súa carteira de crédito cos seus depósitos, de maneira que os créditos representan o 90% dos depósitos de clientes.
Á data de setembro de 2015, a entidade financeira con sede en Galicia cumpre xa de maneira ampla os requirimentos que se esixirán aos bancos en termos de liquidez a finais de 2018 de acordo coa norma Basilea III. O ratio de cobertura de liquidez a curto prazo (LCR) sitúase no 327%, triplicando o mínimo esixido, mentres que o ratio de liquidez a longo prazo (NSFR) supera o 132%.
Ver imaxe 7
Outros fitos
- Creación de novos produtos. Tras a mellora das condicións da Hipoteca Mari Carmen a tipo variable, ABANCA lanzou unha versión deste préstamo hipotecario a tipo fixo que permitirá aos clientes pagar a mesma cota todos os meses, sen gastos de estudo nin de apertura. A hipoteca ten un tipo de xuro de 2,49% para un prazo de 20 anos, 2,65% para un prazo de 25 anos e 2,69% a 30 anos. A contratación deste produto e a maior parte das xestións poderán facerse a distancia, e concertarase unha cita na sucursal de ABANCA que o cliente seleccione para finalizar o proceso.
- ABANCA impulsa a súa estratexia dixital con novos produtos e servizos online. Ademais de poder facerse cliente desde www.abanca.com e contratar a Conta online, a partir de agora calquera usuario poderá tamén contratar a distancia a Hipoteca Mari Carmen, tanto a tipo fixo como variable, o Préstamo 24 horas e o Préstamo 24 horas Auto. Ademais, os clientes con banca electrónica poden contratar a través deste servizo depósitos, fondos, seguros e investimentos en bolsa. Como parte desta iniciativa, ABANCA impulsou a súa páxina web con espazos para os novos produtos e ferramentas como simuladores, comparadores ou vídeos.
- Presentación da xestora de fondos de investimento Imantia Capital. Imantia Capital é unha compañía xurdida a partir da antiga AC Xestión, unha das xestoras históricas do mercado español. Actualmente xestiona un patrimonio de 3.000 millóns de euros e está situada no posto 13º do ranking nacional. Tras a súa adquisición por parte de ABANCA, que é o seu principal accionista e comercializador, a compañía enfronta unha profunda transformación do seu modelo dentro do seu novo proxecto de crecemento e internacionalización.
- Reforzo da presenza internacional de ABANCA coa apertura da nova oficina de representación en México D.F. No ámbito internacional ABANCA está presente en México, Panamá, Venezuela, Francia, Alemaña e Reino Unido (en todos eles a través de oficinas de representación), Portugal (con ficha bancaria propia) e Suíza (ambas as modalidades). Desde as súas novas instalacións na capital do país americano, ABANCA operará co obxectivo de seguir prestando servizo aos seus clientes actuais e incrementar a súa actividade no tecido empresarial vinculado a eses clientes.