• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA ofrece novas funcións para xestionar os seguros e personalizar os datos do cliente desde o móbil

  • A entidade estrea una nova versión da súa banca móbil que permite ao cliente modificar o capital asegurado para continente e contido nas pólizas de fogar
  • Desde o seu teléfono, os usuarios poderán contratar seguros, consultar pólizas en vigor, recibos xa pagados e cambiar a conta de cargo, ademais de comunicar sinistros á aseguradora
  • A última actualización da app posibilita a personalización da información de contacto do cliente

Os clientes de ABANCA poden cambiar na aplicación o seu número de teléfono móbil e a dirección de correo electrónico.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

A nova versión da banca móbil de ABANCA permite personalizar os datos de contacto do cliente.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Vista dalgunhas das novas funcións de xestión de seguros que incorpora a banca móbil de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

18-06-2018
Negocio

ABANCA acaba de estrear unha nova versión da súa aplicación de banca móbil que incorpora novas funcionalidades na xestión de seguros e mellora a personalización dos datos do cliente.

A actualización permite aos clientes que teñan contratado un seguro de fogar cambiar desde o móbil e de forma instantánea o capital asegurado para continente e contido. Ademais, poderán consultar e modificar a conta de cargo dunha póliza de seguros e acceder ao último recibo xa pagado.

Estas novidades na aplicación de banca móbil de ABANCA súmanse ás funcionalidades incorporadas nos últimos meses na xestión de seguros, que dan ao cliente a opción de contratar desde o seu teléfono algunhas modalidades de seguros, consultar os datos da Tarifa Plana ABANCA Seguros e das pólizas xa contratadas coa entidade, así como informar directamente á compañía aseguradora de calquera sinistro que sufrise.

Con estas novas funcións, ABANCA sitúase como unha das entidades financeiras que ofrece aos seus clientes un servizo máis completo e áxil para xestionar desde o móbil as operacións máis habituais de seguros.

Ademais dos servicios de seguros, coa nova actualización da banca móbil de ABANCA os clientes poderán personalizar a app cos seus datos de contacto e unha imaxe. A aplicación permite consultar e cambiar a dirección de correo electrónico e o teléfono móbil, así como ver a dirección postal. Ademais, o cliente ten a posibilidade de incorporar unha fotografía ao seu perfil.

Unha das aplicacións de banca móbil mellor valoradas

A aplicación de banca móbil de ABANCASerás redirixido a outro sitio web é unha das mellor valoradas polos clientes bancarios en España pola súa seguridade, funcións dispoñibles, facilidade de uso e sinxeleza. Permite facerse cliente da entidade financeira desde o móbil en apenas uns minutos, sen necesidade de acudir a unha oficina. Ademais, a app posibilita a xestión, desde o móbil e en poucos segundos, de todas as operacións diarias (consulta de saldos e movementos, realización de transferencias e traspasos, contratación de contas, préstamos, seguros ou tarxetas de crédito, pago de recibos, etc.), e ofrece funcións adicionais como a xestión de fondos de investimento e accións, envío de diñeiro ao caixeiro, aprazamento de gastos, aceso e apagado de tarxetas ou creación, consulta e cancelación de tarxetas virtuais para compras por internet, entre outras.

ABANCA conta con máis de 711.000 clientes dixitais, dos que 400.000 utilizan para realizar as súas consultas e operacións unicamente a aplicación de banca móbil. Só durante o mes de maio accederon á app de referencia da entidade máis de 467.000 clientes, con 245.000 usuarios conectados nos días de maior uso da canle.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA renova o seu compromiso coa Federación Galega de Redeiras Artesás ‘O Peirao’

09-09-2025
Negocio

ABANCA e a Federación Galega de Redeiras Artesás ‘Ou Peirao’ formalizaron un acordo de colaboración co obxectivo de fomentar o crecemento económico e apoiar a modernización da actividade profesional desenvolvida polas redeiras.

Acordo entre ABANCA e as redeiras

ABANCA activa os envíos de diñeiro internacionais a través de Bizum

31-07-2025
Negocio

Os clientes de ABANCA xa poden intercambiar pagos instantáneos a través de Bizum con usuarios de Portugal e Italia.

Operatoria internacional de Bizum
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .