• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta a restauración do mural de Lugrís e a exposición 'Paredes soñadas'

  • ABANCA deseñou unha completa exposición que repasa o traballo realizado polo artista como decorador de espazos
  • A mostra pon o colofón ao proceso de restauración do mural Vista de A Coruña 1669 que se exhibirá a partir de agora na sede do banco na cidade

De esquerda a dereita, Rubén Ventureira, comisario da exposición; Juan Carlos Escotet, vicepresidente de ABANCA, e Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA, comentan o Retablo del descubrimiento, unha das obras destacadas da exposición.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

29-03-2017
RSC

ABANCA concluíu o proceso de restauración do mural de Urbano Lugrís Vista de A Coruña 1669 na entrada á súa sede na cidade pola rúa Olmos, onde se exhibirá ao público a partir de agora. Coincidindo co fin dos traballos de rehabilitación da pintura, o banco presenta na sede de AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web a exposición Lugrís, paredes soñadas, que realiza unha completa revisión do traballo realizado polo artista como decorador de espazos públicos e privados.

Juan Carlos Escotet Rodríguez, vicepresidente de ABANCA, destacou na presentación do mural que este foi o proxecto máis complexo que acometeu ABANCA dentro do seu firme compromiso coa conservación e difusión do patrimonio artístico de Galicia. “asumimos o risco, o custo económico e a responsabilidade desta tarefa porque tiñamos a seguridade de que se non o faciamos nós seguramente esta pintura excepcional perderíase, como ocorreu con outras obras”, resaltou Escotet.

O proxecto de recuperación do mural finaliza tras doce meses de intenso traballo desde que se elaborou o informe técnico que recomendaba o seu traslado a outra localización para garantir o seu futuro.

Para levar a cabo a intervención, dunha gran complexidade técnica polas dimensións do mural -9,10x 2,45 metros- e o procedemento escollido para o seu traslado -stacco a massello, que implica a extracción da pintura co seu soporte-, foi necesario dividir o mural en sete seccións, que unha vez protexidas transportáronse ata a sede de ABANCASerás redirixido a outro sitio web. Cando finalizou a instalación de todas as seccións no novo espazo, a principios de xaneiro, comezou o proceso de rehabilitación da obra, no que traballou o equipo técnico de Arteca durante máis de dous meses.

Lugrís, paredes soñadas

A restauración do mural ofreceu á entidade financeira a oportunidade para reivindicar a figura de Urbano Lugrís dentro da historia da arte galega. Con este obxectivo organizouse a exposición Lugrís, paredes soñadas, comisariada por Rubén Ventureira, xornalista e investigador da obra do artista.

É a primeira vez que se realiza un proxecto expositivo tan completo sobre Urbano Lugrís con este enfoque, a súa faceta como muralista. O laborioso traballo de procura e selección de obra realizado polo comisario en colaboración co equipo de profesionais do banco conseguiu reunir 106 pezas procedentes de particulares, galerías de arte, museos, institucións públicas e privadas e as propias coleccións de arte de ABANCA e Afundación.

Algunhas das obras é a primeira vez que se expoñen en público e outras que orixinalmente formaban un conxunto e agora atópanse en diferentes localizacións volveranse a mostrar tal e como foron concibidas polo artista.

Entre as pinturas que se exhibirán destacan as realizadas por Lugrís para decorar espazos tan variados como o desaparecido Hotel Embaixador (A Coruña), a igrexa de Vilaboa (Culleredo), o Gran Hotel de Vigo ou a fábrica de conservas Massó (Bueu), entre moitos outros.

Entre as obras seleccionadas sobresae o Retablo do descubrimento, un conxunto composto por 13 táboas procedente do antigo Instituto de Cultura Hispánica de Madrid que hoxe se atopan na sede da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo. Trátase dun políptico cheo de simboloxías que contribúe a enriquecer a exposición.

Outra das novidades que presenta esta mostra é a posibilidade de realizar un tour virtual pola Capela dos Santos Reis de Bueu, un proxecto que o propio Lugrís definiu como a súa “obra integral como artista”, xa que trazou os planos e deseñou a súa ornamentación. A decoración interior do templo foi desaparecendo co paso do tempo pero os que visiten a exposición poderán entrar virtualmente na capela e gozar coa recreación das pinturas que estaban situadas orixinalmente no retablo.

A mostra complétase cunha extensa publicación na que se recompila a historia da pintura mural Vista de A Coruña 1669 e explícase con detalle todo o proceso de restauración. A continuación, ofrécese ampla información da inxente obra realizada polo artista por encargo para decorar diferentes espazos públicos e privados, e finaliza co catálogo das obras que conforman a exposición.

Lugrís, paredes soñadas estará aberta ao público na sede de Afundación da Coruña entre o 31 de marzo e o 2 de setembro. Poderá visitarse gratuitamente de luns a venres, de 12.00 a 21.00 horas, os sábados e festivos de 10.00 a 21.00 horas e os domingos de 11.00 a 15.00 horas. No mesmo horario tamén estará aberta ao público a entrada á sede de ABANCA na cidade pola rúa Olmos, co obxectivo de que aqueles que o desexen poidan contemplar a restauración do mural que dá orixe a este proxecto expositivo.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .