• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta ás confrarías da ría de Vigo a súa nova oferta financeira para renovación de flota e proxectos sostibles

  • A entidade financeira explica aos patróns maiores do sur de Galicia o seu plan de financiamento para a modernización de barcos e o apoio de investimentos de mellora da sostibilidade pesqueira
  • A través da súa unidade especializada ABANCA Mar, o banco reforza o marco de colaboración cos pósitos e aborda nunha mesa de traballo os principais retos e necesidades do sector

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, primeiro pola dereita, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, segundo pola esquerda, xunto aos representantes das confrarías.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, cuarto pola dereita xunto aos representantes das confrarías.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

12-09-2019
Negocio

ABANCA mantivo esta tarde unha reunión de traballo con responsables das principais confrarías de pescadores da ría de Vigo, co obxectivo de reforzar o marco de colaboración estable que mantén con este colectivo. A entidade aproveitou o encontro para presentar as novidades da súa oferta financeira dirixida á cadea de valor do mar, centradas no apoio á renovación da flota pesqueira e a proxectos orientados á mellora da sostibilidade do sector.

Na reunión, celebrada na sede institucional do banco en Vigo, participaron o director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, e o director de ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, Javier Fraga, así como outros representantes da entidade financeira vinculados co negocio do sector pesqueiro. Por parte das confrarías asistiron Iago Soto García, patrón maior da Confraría San Francisco de Vigo; Juan Alberto Cal Dacosta, patrón maior da Confraría Virxe do Carme de Arcade; Silvia María Crespo Campos, patroa maior da Confraría Santa Trega de A Guarda; Clemente Bastos Estévez, patrón maior da Confraría San Xoán de Redondela; Susana González Álvarez, patroa maior da Confraría A Anunciada de Baiona; Jose Manuel Gregorio Vaqueiro, patrón maior da Confraría San Cibrao de Aldán-Hío, e Francisco Javier Costa García, patrón maior da Confraría San Xosé de Cangas.

Novo acordo de colaboración conxunta

Durante o encontro, os sete pósitos asistentes renovaron o acordo de colaboración financeira que manteñen con ABANCA e coñeceron a nova oferta de produtos e solucións de financiamento deseñada pola entidade para atender as necesidades das empresas e profesionais do mundo do mar. O catálogo pon o foco en dar resposta a dous grandes desafíos que ten por diante este sector: a renovación da flota pesqueira e a mellora da sostibilidade.

Tal como explicaron os representantes de ABANCA durante esa mesa de traballo, a entidade ten en marcha, a través da súa unidade especializada ABANCA Mar, un ambicioso plan de financiamento, con produtos específicos como hipotecas navais, préstamos a tipo fixo ou pólizas de crédito deseñados ad hoc para apoiar ao sector nos procesos de construción de novas embarcacións, remodelación ou segunda adquisición de barcos.

Ademais, ABANCA trasladou aos pósitos durante esta reunión o seu compromiso co financiamento de proxectos de investimento que contribúan á mellora da sostibilidade social, económica e medioambiental do sector marítimo-pesqueiro.

A oferta presentada onte tamén inclúe solucións adaptadas para o financiamento de circulante, préstamos para financiar a compra de materias primas en campaña, mareas, pagos de gasóleo ou de dereitos de pesca; anticipos de subvencións ou para facer fronte a paros biolóxicos ou pago de impostos, así como liñas de comercio exterior, leasing mobiliario, avais ou seguros, entre outros produtos. A xornada permitiu a ABANCA coñecer de primeira man a realidade deste sector clave para a economía galega e, especificamente, as inquedanzas das confrarías da ría de Vigo. Coa cita celebrada esta tarde, xa son catro as edicións dunha reunión impulsada pola entidade financeira co obxectivo de traballar de maneira conxunta para dar resposta ás demandas que expón este colectivo.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .