• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta as obras mestras da súa Colección de Arte no Museo de León

  • ‘Bajo el signo de Picasso’ reúne obras de máximo nivel de 26 artistas que marcaron a historia da arte da primeira metade do século XX, entre eles Picasso, Juan Gris, Dalí, Miró, Kandinsky ou Chirico.
  • A mostra forma parte da colaboración de ABANCA coa Xunta de Castela e León e o Concello de León.

Diego Cascón, responsable da xestión da Colección de Arte ABANCA, durante a presentación da exposición.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

14-09-2016
RSC

ABANCA inaugurará este xoves 15 de setembro no Museo de León a exposición ‘Bajo el signo de Picasso. Vanguardias e influencias en la Colección de Arte ABANCA’, que reúne unha selección de 38 obras dos fondos artísticos do banco que permiten revisar os momentos máis relevantes da arte español e internacional da primeira metade do século XX. O proxecto inclúe debuxos, pinturas e esculturas de 26 artistas da talla de Picasso, Juan Gris, Dalí, Miró, Kandinsky ou Giorgio de Chirico.

Esta proposta expositiva, que poderá visitarse dende o 16 de setembro até o 13 de novembro, é a primeira que presenta ABANCASerás redirixido a outro sitio web na cidade no marco da colaboración pechada o pasado mes de xullo coa Xunta de Castela e León e o Concello para dotar dunha programación estable ao Museo de LeónSerás redirixido a outro sitio web durante o próximos tres anos.

É ademais a primeira vez que se mostra a Colección de ArteSerás redirixido a outro sitio web do banco fóra de Galicia cun proxecto desta magnitude, cunha ampla representación dos artistas españois máis internacionais, como Picasso, Dalí e Miró, e unha coidada selección de obras de máximo nivel das máis de 1.300 que configuran os fondos artísticos da entidade.

‘Bajo el signo de Picasso. Vanguardias e influencias’

Como o propio título indica, Pablo Picasso é o protagonista da exposición e o que abre o percorrido pola arte da primeira metade do século XX. Do autor malagueño preséntanse catro obras que ofrecen unha visión das diferentes etapas da súa produción artística: o debuxo ‘Quatre femmes’ (1901) e os lenzos ‘Profil à la fenêtre’ (1934), ‘Paquet de tabac et verre’ (1922) e ‘Le Peintre et son modele I’ (1963).

Esta primeira parte da mostra complétase cunha selección de pinturas cubistas de Juan Gris, Georges Braque, Fernand Léger, Jean Metzinger e María Blanchard. Estas obras comparten espazo con outras de Manuel Ángeles Ortiz, Joaquín Torres García e Francisco Bores que evidencian a influencia que tivo este movemento no desenvolvemento da pintura nos inicios do século XX.

A escultura tamén está presente na exposición cunha obra mestra de Julio González, ‘Tête dite Le Tunnel’ (ca. 1932/33), pertencente ao período creativo máis importante do autor e exemplo da súa relación e traballo conxunto con Pablo Picasso. Como contraposición, e como reflexo no tempo, ao final do percorrido figura unha peza do escultor valenciano Miquel Navarro titulada ‘Cuña y nariz’ (2004), exemplo da continuidade da arte de vangarda na arte actual.

O segundo bloque expositivo integra a artistas que participaron nas primeiras vangardas, como o italiano Giorgio de Chirico, Max Ernst, Marc Chagall, Salvador Dalí ou Vasili Kandinsky. Xunto a eles sitúanse Wilfredo Lam e Matta, quen ampliaron a linguaxe de vangarda desde a súa óptica particular, como tamén fixeron os dous artistas galegos máis internacionais, Maruja Mallo e Luís Seoane, que desempeñaron un papel relevante como difusores da vangarda no contexto americano.

Como peche da exposición seleccionáronse dúas obras que comparten unha idea de narratividade na pintura que ten a súa orixe na arte do período de entreguerras, ‘El Museo del Descubrimento de día - El Museo del Descubrimento de noche’ (1992), de Eduardo Arroyo, e ‘Las pipas’ (1981), do Equipo Crónica. Ambas obras elevan o valor e o papel central da pintura fronte a outras tendencias dominantes na segunda metade do século XX.

App ‘Colección de Arte’

O público que visite a exposición ‘Bajo el signo de Picasso. Vanguardias e influencias’ no Museo de León poderá ampliar a información sobre os artistas e as obras que se exhiben grazas á app ‘Colección de ArteVer ficheiro PDF’, deseñada por ABANCA para dispositivos móbiles tanto Android como iOS e que se pode descargar gratuitamente nas respectivas tendas dos sistemas operativos.

A través da tecnoloxía de realidade aumentada a aplicación actúa como unha guía dixital da exposición, xa que permite acceder comodamente á ficha artística da obra, profundar na biografía do autor ou consultar outros cadros do mesmo creador que estean presentes na mostra. Tamén inclúe funcionalidades sociais como gardar a obra en favoritos ou compartila. Para iso só é necesario enfocar a obra coa cámara do dispositivo móbil e seleccionar no menú a sección correspondente.

Programa didáctico

De acordo coa vocación didáctica de ABANCA, deseñouse tamén un amplo programa de actividades pensadas para achegar o coñecemento destes artistas e obras ao público infantil e xuvenil, como as visitas guiadas e os talleres dirixidos a escolares.

En concreto, organizáronse dous talleres con contidos adaptados a diferentes idades: ‘Cuando lienzo se encontró con Picasso’, para alumnos de educación infantil e primaria, e ‘Los titanes de la vanguardia’, para alumnos desde 4º de primaria a 2º de ESO.

Todos os centros escolares de León recibiron xa ampla información das actividades e aqueles interesados poderán completala ou inscribirse a través do teléfono 987 236 405 (de martes a venres, de 10 a 14 horas) ou o correo electrónico museo.leon.deac@jcyl.es.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .