ABANCA presenta o libro Semillas para El Bierzo
- O libro mostra o traballo dos emprendedores da comarca e recolle as conclusións do Encontro ABANCA Bierzo Innova e Emprende
ABANCA, entidade financeira líder na zona noroeste e segunda da provincia de León por implantación territorial, presentou esta mañá o libro Semillas para El Bierzo, obra do xornalista e escritor Valentín Carrera a partir do Encontro ABANCA Bierzo Innova e Emprende.
O acto de presentación tivo lugar na oficina principal de ABANCA en Ponferrada, coa participación de Valentín Carrera e Marcos Lamas, director territorial de ABANCA en León.
A celebración do Encontro ABANCA Bierzo Innova e Emprende e a posterior publicación de Semillas para El Bierzo forman parte da estratexia de responsabilidade social corporativa de ABANCA no campo do emprendimiento. O Encontro ABANCA Bierzo Innova e Emprende, foro de emprendimiento social impulsado polo propio Valentín Carrera, reuniu o pasado novembro a máis de corenta emprendedores bercianos nunha xornada que contou coa presenza do vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, descendente dunha familia de emprendedores leoneses.
Semillas para El Bierzo, editado por ABANCA, mostra o traballo dos emprendedores bercianos participantes no Encontro e reúne as conclusións alcanzadas nas distintas sesións de traballo. Entre as propostas lanzadas destacan a creación de clusters, o incremento da formación, o reforzo da coordinación entre administracións, a simplificación dos trámites administrativos, a énfase nos valores e recursos naturais da comarca, o aproveitamento das posibilidades asociadas ao Camiño de Santiago, ou o apoio financeiro aos proxectos que primen a responsabilidade social.
Innovación e carácter social
No acto de presentación Valentín Carrera destacou o valor social dos proxectos de emprendimiento recollidos en Semillas para El Bierzo. “Estas corenta empresas, as sementes que dan título ao libro, son o mellor do noso tecido empresarial: persoas con proxecto propio e visión de futuro, con conciencia ecolóxica, que cren no ben común, que respectan as boas prácticas, e que apostan polos produtos da terra, o comercio directo e o mercado local. Por iso dicimos que son verdadeiros diamantes para O Bierzo”, explicou.
Marcos Lamas, director territorial de ABANCA en León, subliñou a aposta de ABANCA por León e o seu desenvolvemento económico. “Somos a segunda entidade financeira por implantación na provincia e temos vocación de seguir crecendo en presenza e compromiso. Como entidade que traballa diariamente con empresarios e emprendedores desta terra no desenvolvemento dos seus proxectos, tratamos de apoiar todas aquelas accións que se poidan pór en marcha para impulsar a creación de novas empresas”, destacou.
Encontro ABANCA Bierzo Innova e Emprende
O evento do que naceu Semillas para El Bierzo xurdiu na primavera de 2015 como blog escrito por Valentín Carrera. Desde os seus pasos iniciais contou co apoio de ABANCA e foi crecendo progresivamente en audiencia ata converterse, con case mil fans en Facebook e entradas que superaron os dez mil seguidores, na páxina de referencia do emprendimiento e a innovación no Bierzo.
Este formato inicial deu lugar nos meses seguintes ao Encontro ABANCA Bierzo Innova e Emprende, deseñado co obxectivo de xerar propostas concretas e viables para facilitar a innovación empresarial, potenciar a posta en marcha de novos proxectos e crear canles que permitan a integración horizontal entre eles. A xornada, desenvolvida o 25 de novembro pasado, reuniu a máis de 40 emprendedores e especialistas en innovación que compartiron coñecemento e experiencias, diagnosticaron problemas e necesidades, e buscaron solucións aplicables ao proceso de creación de novas empresas.