• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA reforza a súa estratexia dixital con ABANCA Pay

  • A app permite enviar diñeiro de forma gratuíta a calquera persoa introducindo un número de teléfono ou un correo electrónico
  • Ao contrario que outras aplicacións, non é necesario ter descargada a app para recibir diñeiro doutra persoa
  • ABANCA Pay completa as solucións móbiles da entidade para os seus clientes, que xa dispoñen do servizo de Hal-Cash para retirar diñeiro nun caixeiro sen tarxeta
  • O impulso da estratexia dixital permitiu a ABANCA aumentar un 18% o número de clientes dixitais activos no último ano

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Momento da presentación de ABANCA Pay aos medios de comunicación.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

31-03-2016
Negocio

ABANCA vén de lanzar para todos os seus clientes ABANCA PaySerás redirixido a outro sitio web, unha aplicación que permite realizar desde os móbil pagos inmediatos de forma gratuíta a calquera usuario bancario nacional e europeo, teña teléfono ou non.

“É unha ferramenta útil, fácil de usar, sen comisións e que realiza as operacións de forma inmediata co obxectivo de facerlle máis sinxela a vida aos nosos clientes, facilitándolles as súas transaccións diarias”, explica Eduardo Aldao, director de Innovación de ABANCA.

ABANCA PaySerás redirixido a outro sitio web permite o pago de ata 150 euros por operación, de forma gratuíta, a calquera persoa, sexa do banco que se sexa, simplemente introducindo un número de teléfono ou un correo electrónico. “Non é necesario pedir o número de conta a ninguén, nin é necesario que pertenza á mesma entidade. Con esta aplicación o cliente poderá enviar e recibir diñeiro dos seus amigos ou compañeiros de traballo de forma instantánea”, sinala o xerente de Medios de Pago de ABANCA, Jorge Blanco.

Pagos fáciles, gratis e rápidos

A aplicación deseñada por ABANCA está asociada á conta de banca electrónica do cliente e permite realizar un pago a unha persoa simplemente seleccionándoa na axenda de contactos do móbil, sen que sexa necesario que coñeza o seu número de conta nin que pertenzan á mesma entidade financeira.

ABANCA PaySerás redirixido a outro sitio web está conectada a outros bancos a través da rede EALIA desenvolvida por CECA, o que permite realizar os pagos de forma inmediata. “O pago é inmediato, faise efectivo directamente entre as contas dos clientes no mesmo momento da súa autorización”, afirma Eduardo Aldao. Ademais, ao contrario que outras aplicacións similares, non é necesario ter descargada a app para recibir diñeiro doutra persoa.

A seguridade das transaccións está absolutamente garantida e, ao ser unha app propia de ABANCA, non se ceden os datos a terceiros.

Innovación financeira

Un dos piares fundamentais da estratexia dixital de ABANCA é ofrecer aos seus clientes a tecnoloxía financeira máis innovadora, tentando incorporar as últimas novidades e tendencias do mercado. ABANCA é pioneira en ofrecer aos seus clientes o pago móbil con Samsung Pay e en soportar a identificación por pegada (Touch-id) na banca móbil.

Ademais, desde hai máis de 10 anos, os clientes da entidade poden retirar diñeiro nos caixeiros sen necesidade de usar a tarxeta grazas ao servizo de Hal-Cash, un sistema que permite enviar diñeiro a calquera móbil mediante unha mensaxe SMS. O código incluído na mensaxe permite recoller o diñeiro, sen tarxeta, en calquera dos caixeiros adheridos ao sistema (máis de 12.000 en todo o mundo).

O impulso á estratexia dixital permitiu a ABANCA aumentar un 18% o número de clientes dixitais activos no último ano, con especial protagonismo da banca móbil. Neste sentido, a entidade financeira puxo en marcha o proxecto ABANCA Dixital, unha iniciativa para potenciar as canles de banca electrónica e móbil para realizar todo tipo de transaccións e xestionar e contratar produtos a través de web e teléfono. En 2015 a entidade financeira galega investiu 82 millóns de euros á mellora e dixitalización de todos os seus procesos e á adopción das tecnoloxías máis punteiras.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .