• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA reúnese en Palma con autoridades e empresarios dentro da súa estratexia de proximidade territorial

  • O presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, mantiveron encontros co presidente do Consell de Mallorca, Llorenç Galmés, e o alcalde de Palma, Jaime Martínez
  • O banco reúne a unha representación de empresarios baleares para analizar as perspectivas económicas e trasladarlles o seu compromiso co tecido produtivo da rexión

Juan Carlos Escotet Rodríguez e Francisco Botas, acompañados por varios directivos de ABANCA, co alcalde Jaime Martínez (no centro) e a concelleira de Facenda, Función Pública e Goberno Interior, Mercedes Celeste, durante a súa visita á Alcaldía de Palma.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Juan Carlos Escotet Rodríguez e Francisco Botas, durante a recepción oficial ao Consell Insular de Mallorca.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

18-06-2024
Corporativo

ABANCA celebrou hoxe unha xornada corporativa en Illas Baleares co dobre obxectivo de estreitar lazos coas administracións e o tecido empresarial da comunidade e trasladar aos equipos comerciais do banco neste territorio as liñas de traballo prioritarias para os próximos meses.

Durante a mañá, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, visitaron o Consell Insular de Mallorca e mantiveron un encontro co seu presidente, Llorenç Galmés. Así mesmo, desprazáronse ao Concello de Palma de Mallorca, onde foron recibidos polo alcalde, Jaime Martínez.

Ambos os encontros serviron para presentar o modelo bancario de ABANCA e a súa estratexia de crecemento na península ibérica. Os directivos explicaron que o banco cumpre este mes dez anos de actividade transformado nunha entidade solvente e rendible, cun dos perfís financeiros máis sólidos do sector, un marcado carácter innovador e un firme compromiso coa responsabilidade social e a sustentabilidade. Tras as últimas operacións corporativas (TARGOBANK e EuroBic), o banco posicionouse como a sétima entidade financeira en España e Portugal, cunha rede comercial ibérica que supera as 900 oficinas.

Nestas reunións, os máximos executivos de ABANCA tamén trasladaron tanto ao Consell como á Alcaldía o interese da entidade financeira por crecer na comunidade autónoma e contribuír a un desenvolvemento socioeconómico máis sostible. ABANCA reforzou de forma significativa, tras a recente integración de TARGOBANK, a súa presenza no arco mediterráneo e conta en Illas Baleares con seis oficinas, unha delas especializada no negocio con empresas, e un equipo de medio cento de profesionais, boa parte dos cales proveñen do Banco de Crédito Balear. O banco presta servizo nesta rexión a máis de 25.000 clientes, cun volume de negocio superior aos 800 millóns de euros.

Apoio á empresa balear

Ademais das visitas institucionais, a axenda da xornada inclúe un encontro con empresarios de distintos sectores representativos da economía balear. Entre outros asuntos, o presidente e o conselleiro delegado de ABANCA analizarán neste evento as perspectivas macroeconómicas actuais e abordarán cos empresarios a evolución favorable que rexistra Baleares, potencia turística e unha das rexións máis dinámicas de España, con crecementos do PIB e do emprego moi superiores á media do país. Do mesmo xeito, os directivos de ABANCA aproveitarán esta cita para ratificar o compromiso do banco co tecido empresarial e poñer á súa disposición o seu modelo de atención para acompañalos na súa transición cara a un modelo económico máis verde e sostible.

ABANCA conta con unidades de negocio especializadas en distintos segmentos de actividade empresarial (ABANCA Empresas e Pemes, ABANCA Corporativa, ABANCA Negocios, ABANCA Agro, ABANCA Mar, ABANCA Energy e ABANCA Next Generation) e un equipo de máis de 1.000 profesionais especializados.

O sector empresarial é o principal destinatario do financiamento de ABANCA, ao representar o 43% da súa carteira de crédito. O banco prioriza o apoio aos sectores económicos estratéxicos, como o turismo, que en Baleares representa o 45% do PIB. ABANCA é unha das entidades de referencia no financiamento ao sector hostaleiro cunha cota de crédito sectorial do 13,4%.

Recoñecemento ao equipo humano

O equipo de ABANCA en Baleares ocupa tamén un punto destacado na axenda da xornada corporativa do banco hoxe na comunidade. Á primeira hora da mañá, o presidente e o conselleiro delegado mantiveron unha reunión de traballo con profesionais da rede comercial na rexión e responsables das direccións territorial e de zona para compartir a estratexia e liñas de negocio prioritarias para os próximos meses, e recoñecer o esforzo e desempeño dos equipos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .