• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA súmase á Global Money Week cunha nova actividade de educación financeira

  • ‘Maratón de retos financeiros’ chegará a 250 estudantes de once cidades españolas
  • O banco e a súa Obra Social reforzan esta semana as actividades do seu programa de educación financeira
  • Preto de 800 alumnos e alumnas participarán en total nas iniciativas educativas organizadas con motivo da Global Money Week

Imaxe dunha das sesións de educación financeira impartidas por ABANCA e Afundación durante a Global Money Week de 2024.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

18-03-2025
RSC

ABANCA e a súa Obra Social Afundación súmanse esta semana á celebración da Global Money Week, un evento de carácter internacional organizado pola OCDE para concienciar da importancia da educación financeira, cunha nova iniciativa dirixida a estudantes de diferentes etapas educativas.

A proposta preséntase baixo o título ‘Maratón de retos financeiros’ e amplía o programa de educación financeira que desenvolven o banco e Afundación desde 2015. O curso pasado 202.492 persoas participaron nas diferentes actividades organizadas no marco deste programa.

‘Maratón de retos financeiros’ consiste nunha serie de sesións formativas en centros escolares nas que os estudantes poñerán a proba os seus coñecementos en educación financeira a través de actividades gamificadas. Nos encontros abordaranse temas como a ciberseguridade, o consumo responsable ou as finanzas persoais.

Para poder afrontar estes retos, os alumnos e alumnas contarán co apoio dos responsables territoriais de ABANCA de cada zona xeográfica, que lles explicarán previamente conceptos financeiros básicos adaptados ao seu nivel académico, poñeranlles exemplos de situacións reais e resolverán todas as dúbidas que poidan ir xurdindo durante a actividade.

En total, están previstas once sesións entre o mércores 19 e o martes 24 nas que participarán 250 estudantes de Educación Primaria, Secundaria e Formación Profesional de Galicia, Castela e León, Estremadura, Madrid, País Vasco e Murcia, territorios onde o banco conta cunha presenza significativa.

En concreto, a actividade desenvolverase no IES Arcebispo Xelmírez de Santiago de Compostela (19 de marzo), Colexio Marista La Inmaculada de Lugo (20 de marzo), Colexio Otxarkoaga de Bilbao (20 de marzo), CEIP Curros Enríquez da Coruña (21 de marzo), Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra (21 de marzo), Colexio Divina Pastora de León (21 de marzo), Colexio Losada de Vigo (21 de marzo), IES Los Barruecos de Cáceres (21 de marzo), Colexio Marista Santa María de Ourense (21 de marzo), CEIP San Andrés de Murcia (21 de marzo) e o CEIP Nuria Espert de Madrid (25 de marzo).

O obxectivo desta nova proposta formativa é promover a educación financeira a través dunha experiencia lúdica e educativa que vai reforzar as competencias dixitais dos participantes, así como a súa capacidade para tomar decisións financeiras responsables. Ademais, permitiralles desenvolver habilidades fundamentais para identificar e xestionar riscos en contornas dixitais, como fraudes e ciberataques, e contribuirá a fomentar o pensamento crítico e colaborativo, xa que terán que abordar situacións coas que se poden atopar na vida real.

Outras iniciativas en marcha

ABANCA e Afundación van intensificar tamén esta semana na que se celebra a Global Money Week as outras actividades que forman parte do seu programa de educación financeira. Entre elas, o ciclo de conferencias ‘Preparados para dar o salto’, co que ABANCA e Afundación achegan a educación financeira a centros educativos de secundaria. O luns 24 de marzo haberá dous relatorios, nos centros CIFP Fraga do Eume (Pontedeume) e CIFP Ferrolterra (Ferrol).

Tamén están previstas iniciativas dirixidas ao público escolar, como o Gran Prix Financeiro, un xogo que permite aos escolares de 3º a 6º de Educación Primaria empezar a familiarizarse con conceptos financeiros básicos que serán fundamentais ao longo da súa vida. Escolares do CPR Lar de Vigo gozarán desta proposta durante os días 20 e 21 de marzo.

Por último, o venres 21 celebrarase en Madrid a final do programa de simulación empresarial Young Business Talents, no que competiron ao longo de todo o curso máis de 11.000 estudantes preuniversitarios.

En total, está previsto que participen en todas as iniciativas organizadas esta semana preto de 800 estudantes.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .