• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA súmase ao Día da Educación Financeira con actividades para maiores e mulleres da pesca

  • O conselleiro delegado e o director xeral de RSC e Comunicación do banco realizaron unha visita ao taller formativo sobre banca móbil que tivo lugar no Espazo +60 de Lugo
  • Más de 60 socias de Anmupesca participaron nunha xornada de formación en Pontevedra
  • Estas accións marcan o inicio do programa de educación financeira de ABANCA e a súa Obra Social para este curso, que inclúe un total de 976 actividades

Na imaxe, de esquerda a dereita, Javier Soto, director territorial de ABANCA en Lugo, Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación e presidente de Afundación, e Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, durante a súa visita ao taller ‘Xestiona as túas contas con ABANCA móbil’, celebrado no Espazo+60 de Afundación en Lugo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

No centro da imaxe, Javier Fraga, director de ABANCA Mar, José Manuel Mourelo, coordinador de RSC en Afundación, e Carlota Sánchez, coordinadora adxunta de Educación Superior de Afundación, durante a presentación do taller 'Coida o teu bolsillo' ás socias de Anmupesca.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

07-10-2019
RSC Sostenibilidad

ABANCASerás redirixido a outro sitio web e a súa Obra Social, AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web, iniciaron este luns, coincidindo coa celebración do Día da Educación Financeira, o programa de educación financeira que desenvolverán ao longo do curso 2019-2020 e que inclúe un total de 976 actividades coas que está previsto chegar a 105.000 persoas.

Unha das primeiras accións foi o taller ‘Xestiona as túas contas con ABANCA móbil’, no que unha vintena de usuarios do Espazo +60 de Afundación en LugoSerás redirixido a outro sitio web aprenderon a consultar os saldos e movementos das súas contas, facer transferencias, activar ou desactivar cartóns e pagar recibos con só unha foto, entre outras funcionalidades da aplicación. O conselleiro delegado do banco, Francisco Botas, acompañado polo director xeral de RSC e Comunicación e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, e o director territorial do banco en Lugo, Javier Soto, mostrou o compromiso da entidade coa inclusión dixital e financeira das persoas maiores cunha visita a este taller formativo dentro da axenda de actividades prevista en Lugo.

A poboación de maior idade será un dos colectivos prioritarios do programa de educación financeira que desenvolverá ABANCA os próximos meses. Este segmento contará cunha programación específica que se realizará, como é habitual, no once Espazos +60 que ten Afundación nas principais cidades galegas. Nestas aulas organizaranse talleres de cultura financeira xeral e de bolsa, así como outras propostas destinadas a favorecer a dixitalización deste colectivo e que poidan utilizar as novas tecnoloxías, como a banca móbil ou os dispositivos de autoservicio, para realizar as súas xestións financeiras e mellorar o control da súa economía persoal e familiar.

En total, 1.912 usuarios dos Espazos +60 participaron até agora nas actividades de educación financeira do banco.

Talleres de saúde financeira para colectivos profesionais

Entre as novidades para esta nova edición do programa atópanse os talleres de saúde financeira ‘Mellora o teu benestar’, dirixidos a colectivos profesionais ou a aqueles que poden ser especialmente vulnerables.

Este luns tivo lugar en Arcade a primeira xornada formativa prevista, dirixida ao colectivo de mulleres traballadoras no sector pesqueiro. Máis de 60 socias de AnmupescaSerás redirixido a outro sitio web (Asociación Nacional de Mulleres da Pesca) asistiron ao taller, titulado ‘Coida o teu peto’, no que se abordaron cuestións xerais sobre a xestión das finanzas persoais co obxectivo de incrementar os seus coñecementos financeiros e contribuír así a mellorar a economía dos seus fogares, e, por extensión, a súa calidade de vida.

Na primeira parte da xornada as participantes realizaron dous cuestionarios, un para coñecer a súa actitude persoal na xestión do diñeiro e outro de finanzas básicas, e, a continuación, recibiron formación básica sobre a xestión do diñeiro, a elección de produtos financeiros, a xestión das débedas, a planificación do futuro e como conseguir aforrar máis e mellor.

Teatro para os máis pequenos

O banco e a súa Obra Social reforzan a súa aposta polas artes escénicas para achegar conceptos financeiros ao público de menor idade e estrearán nas próximas semanas unha nova obra de teatro titulada ‘Troia’. Esta montaxe, dirixido a escolares de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, súmase a ‘Dos contos ás contas’ e ‘Labirinto’, as dúas propostas dramáticas encargadas pola entidade financeira a Zarándula, que se representaron nos últimos anos en Galicia e Asturias con gran éxito.

Ademais, os máis pequenos poderán participar unha vez máis no Gran Prix Financeiro, unha actividade lúdica e educativa que lles permite tomar conciencia da importancia de realizar unha xestión correcta das finanzas.

Os escolares do último ciclo de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP contarán este curso cunha nova edición dos dous programas postos en marcha o ano pasado, Segura-Mente ABANCA e ABANCA Young Business Talents, que recibiron unha excelente acollida tanto por parte dos estudantes como por parte do profesorado.

Segura-Mente ABANCA ten como obxectivo achegar aos máis pequenos a cultura da prevención e valorar a importancia dos seguros como un investimento ante os imprevistos da vida. Na primeira convocatoria participaron 70.961 alumnos e alumnas de entre 8 e 16 anos de 274 centros escolares de toda España. O programa de simulación empresarial Young Business Talents ofrece á mocidade preuniversitaria a experiencia de xestionar unha empresa, fomentando así a cultura emprendedora. No curso 2018-2019 competiron máis de 10.000 estudantes de 432 centros educativos.

Así mesmo, para este colectivo mantéñense as conferencias ‘Preparados para dar o salto’ e os talleres de medios de pago dirixidos a actualizar os coñecementos de docentes e estudantes de formación profesional.

Accións online

ABANCA lanzou tamén este luns en Cuentas ClarasSerás redirixido a outro sitio web, o blog do banco, a segunda edición do concurso de competencias financeiras ‘A Galaxia Financeira’. O ano pasado participaron nesta iniciativa, que ten como obxectivo dar a coñecer o glosarioSerás redirixido a outro sitio webde termos financeiros do blog e pór a proba os coñecementos no ámbito das finanzas dos seus seguidores, preto de 800 persoas.

Ademais das iniciativas propias, como é habitual nos últimos anos, ABANCA manterá a colaboración cos proxectos que desenvolven neste ámbito as organizacións sectoriais AEB e Funcas.

O amplo e variado programa de educación financeira que organizan o banco e a súa Obra Social, Afundación é un exemplo máis do seu compromiso coa consecución da Axenda 2030 de Nacións Unidas e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, xa que mellorar os coñecementos financeiros da poboación supón un impacto directo en seis ODS: ‘Fin da pobreza’, ‘Saúde e benestar’, ‘Educación de calidade’, ‘Igualdade de xénero’, ‘Innovación e infraestrutura’ e ‘Acción polo clima’.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .