ABANCA supera os ‘stress test’ cunha folgura de 814 millóns, un 70% máis do esixido polo BCE
No escenario máis adverso ABANCA supera os ‘stress test’ cunha folgura de 814 millóns, un 70% máis do esixido polo BCE
- No escenario base o cociente de solvencia en 2016 alcanza o 13,8%
- A calidade dos activos (AQR) sitúa a ABANCA como unha das entidades coa carteira crediticia mellor provisionada
ABANCA, o décimo banco español e o 65 da zona euro por volume de activos, obtivo unha folgura de 814 millóns de euros, un 70% máis do esixido polo Banco Central Europeo (BCE) no escenario máis adverso dos “stress test”. Esta cifra supón un cociente de solvencia do 9,14% que supera en 3,64 puntos o 5.5% mínimo esixido polo BCE.
A análise da calidade dos activos (AQR nas súas siglas en inglés) e o seu reducido impacto do 0,07 sobre o ratio de capital, sitúa a ABANCA como unha das entidades coa carteira de crédito mellor clasificada e provisionada.
O bo resultado obtido por ABANCA na avaliación do BCE obedece ao seu alto nivel de capitalización e ao elevado saneamento realizado no seu balance. A entidade presenta unha limitada deterioración da carteira crediticia que se produciría no escenario adverso e unha grande capacidade de xerar resultados nesas condicións adversas.
Nun escenario menos agresivo contemplado nestas probas, denominado base, ABANCA é unha das entidades con mellor ratio de solvencia en 2016, cun 13,89%.
A análise máis esixente das realizadas ata o momento
ABANCA é unha das 130 entidades europeas examinadas, 15 delas españolas. Esta análise ten como obxectivo contrastar e comparar a resistencia das entidades europeas a evolucións adversas da contorna económica e os mercados.
A análise presentada é o resultado dun procedemento transparente e de grande calidade técnica realizado nos últimos doce meses. Este proceso é o máis esixente dos realizados hasta o momento. Recolle unha análise da calidade dos activos no punto de partida, fundamentalmente a través da avaliación do nivel de saneamento realizado sobre eles (AQR); o deterioro que experimenta a carteira nun escenario adverso, e a capacidade da entidade para xerar resultados que absorban esa deterioración.
A proba é o paso previo á entrada en vigor do Mecanismo Único de Supervisión co que o BCE asumirá as funciones de supervisión das principais entidades europeas, entre elas ABANCA.