ABANCA transforma a súa oficina de Bilbao implantando máis tecnoloxía e servizos para o cliente
- As novas instalacións abriron ao público tras unha profunda reforma que permitiu incorporar dispositivos de última xeración
- A sucursal conta cun equipo de 12 profesionais, entre os que figuran xestores especializados en banca persoal, pemes e en empresas
ABANCA vén de implantar en Bilbao o seu novo modelo de oficina tras a reforma das instalacións situadas na rúa López de Haro. Esta profunda mellora permite á entidade financeira habilitar un espazo máis moderno e con maiores prestacións para os clientes e empregados.
As instalacións redeseñáronse totalmente seguindo o novo modelo de oficina que ABANCA está a implantar nalgún dos seus centros máis relevantes. Unha concepción do espazo vangardista que vai permitir á oficina mellorar a atención ao cliente e ofrecer as solucións tecnolóxicas máis innovadoras do mercado.
O director xeral de Negocio de ABANCA, Luis Beraza, e o director territorial Centro-Este, Pedro Canales, asisten esta tarde ao acto de inauguración da oficina para presentarlles aos clientes o novo espazo reformado e a estratexia de ABANCA na cidade de Bilbao.
Especialización
A reforma favorecerá, primordialmente, o impulso á estratexia de especialización que está a desenvolver a entidade nos últimos anos.
A nova oficina conta cun equipo de 12 profesionais, entre os que figuran xestores especializados en banca persoal e en pemes. Ademais, no mesmo espazo integrarase un centro destinado ás empresas con especialistas neste segmento.
A oficina posúe espazos máis abertos, modernos e transparentes, cun forte compoñente tecnolóxico e de imaxe. Carece de despachos, e os espazos adáptanse en función do servizo que se preste ao cliente.
O novo deseño conta con dúas grandes zonas diferenciadas: a zona transaccional, dedicada a benvida e a realización de xestións de efectivo; e a zona de asesoramento, con postos de atención personalizada e salas de reunións.
O novo modelo de oficina implantado tamén permite gañar en axilidade á hora de realizar as operacións máis habituais, así como en oferta de servizo a disposición dos clientes. As instalacións están dotadas cunha rede WIFI gratuíta e todo o equipo da oficina conta con tabletas Microsoft Surface, que permiten unha total mobilidade para dar unha mellor resposta ás demandas dos clientes.
ABANCA é o banco con maior implantación no noroeste de España, presente ademais nas principais localidades do resto do país.