ABANCA transforma a súa oficina en Valladolid e potencia a especialización e as novas tecnoloxías
- A entidade financeira converte o seu centro na cidade ao novo modelo de oficina, que permite eliminar despachos e potenciar a atención comercial
- Logo da reforma, a oficina gaña en axilidade coa nova distribución de espazos e cos medios técnicos, tanto para particulares como para empresas
- O banco avanza na transformación dos seus centros de Castela e León, onde xa suma as súas oficinas de Salamanca, Burgos e numerosas en León
ABANCA implanta en Valladolid o novo modelo de oficina que está despregando en toda a súa rede comercial. O centro emprazado na rúa Miguel Íscar 2, estrea un novo aspecto que permite dar paso ao máis avanzado estándar de experiencia cliente do banco. As instalacións incorporan a última tecnoloxía para ofrecer un servizo máis especializado e áxil.
O espazo recentemente estreado destaca na súa aposta pola transparencia, xa que elimina os despachos. No seu lugar, a atención comercial realízase en seis mesas onde os xestores dan resposta en mobilidade grazas aos dispositivos Surface. Para aquelas cuestións que requiren maior confidencialidade, a nova oficina conta con tres salas de reunións. A transformación integral permitiu tamén habilitar dez postos de xestión para as operacións non presenciais. Por último, a oficina reserva un posto de atención transaccional para a operativa de efectivo e as tarefas máis administrativas.
Un espazo dual, unha atención a medida
Estas novas instalacións albergan tanto a oficina de particulares como a oficina de empresas. Trátase dun centro dual que permite potenciar a especialización da súa oferta e dar respostas adaptadas a cada segmento. Non en vano, a entidade financeira ofrece un servizo integral con produtos e profesionais á altura dos distintos colectivos, as súas demandas e expectativas.
A oficina de Valladolid avanza na transformación dixital con dispositivos de vangarda, como un caixeiro full equipe adaptado ás últimas tecnoloxías e que permite ademais de retiradas, realizar ingresos en firme, pagos de recibos en efectivo e outras operativas con moedas. As instalacións contan agora tamén cunha rede WIFI gratuíta para clientes, á que se poderán conectar para realizar as súas operacións máis habituais de maneira autónoma.
Esta transformación súmase á conversión ao novo modelo de oficina que a entidade financeira xa despregou en Castela e León nos centros de Salamanca e Burgos, así como en diversas oficinas da provincia de León.