• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA únese a Pensium para ofrecer aos mayores unha solución para pagar a residencia co aluguer da súa vivenda

  • A entidade financeira incorpora ao seu programa ‘Vive a Vida’ o innovador servizo que permite custear o coidado dos maiores dependentes sen comprometer o seu patrimonio
  • O cliente sempre mantén a propiedade do inmoble, que lle cede a Pensium para alugalo e adiantarlle o importe necesario para completar o pago dun centro xeriátrico

Sede corporativa de ABANCA en Madrid.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

26-10-2021
Negocio RSC

ABANCA ampliou a oferta do seu programa ‘Vive a Vida’, dirixido ao colectivo de persoas maiores, cun novo servizo enfocado a atender necesidades derivadas da dependencia. Grazas a un acordo con Pensium, a entidade financeira pon á disposición dos seus clientes a innovadora solución impulsada por esta compañía, que rendibiliza mediante o alugueiro a vivenda da persoa dependente para que poida complementar os seus ingresos e, desta forma, sufragar o custo dunha praza nun centro xeriátrico.

O novo sistema de financiamento diríxese especialmente a persoas maiores de 75 anos con vivenda en propiedade que, polo seu grao de dependencia, requiren de axuda para as tarefas habituais do seu día a día. Mediante esta nova fórmula, a persoa maior cede a Pensium a xestión do alugueiro da súa vivenda e, a cambio, este anticípalle o importe necesario para cubrir o gasto da súa asistencia xeriátrica (ata o dobre do alugueiro mensual).

Grazas a esta alternativa, a familia pode cubrir o custo dunha residencia sen gastar os seus aforros nin poñer en risco a propiedade da vivenda do maior. No caso de que sexa necesario, poden financiar tamén reformas no inmoble para alugar, así como os seguros.

O novo servizo, personalizado para cada cliente, xa está dispoñible na rede de oficinas e web de ABANCASerás redirixido a outro sitio web. Tras a súa contratación, a persoa maior dependente ten garantidas ata dez anos, cos alugueiros presentes e futuros, as achegas necesarias para completar o pago do centro xerontolóxico, aínda que nalgún momento non haxa inquilinos na súa vivenda. Ademais, a familia ou os herdeiros poden cancelar o programa en calquera momento, liquidando a débeda pendente.

Compromiso social

Ao incorporar esta nova oferta ao seu programa ‘Vive a Vida’Serás redirixido a outro sitio web), ABANCA reafirma o seu compromiso social co colectivo de persoas maiores e ofrécelle unha solución que dá resposta á necesidade de recursos económicos que comporta a dependencia. En concreto, esta nova fórmula intégrase no bloque do programa denominado ‘Asistencia’, do que tamén forman parte, entre outros, o servizo de teleasistencia no fogar e o seguro de dependencia.

Ademais destas solucións de asesoramento e asistencia, a oferta de ‘Vive a vida’ inclúe unha ampla gama de produtos e servizos dirixidos a persoas maiores de 55 anos, que dan cobertura ás súas necesidades e demandas financeiras, de lecer ou goce do tempo libre e crecemento persoal.

Sobre Pensium

Pensium é unha empresa B CorpTM cunha clara vocación de impacto social, que naceu a partir dun equipo de profesionais do sector de residencias, economistas, avogados e traballadores sociais, que se uniron para idear unha nova solución para o crecente número de persoas maiores dependentes. Tras meses de traballo pensando no benestar das persoas maiores e as súas familias naceu o Programa Pensium, como unha solución totalmente nova que permite pagar o custo da asistencia privada sen gastar os seus aforros e sen ter que desembolsar ningún diñeiro.

En 2020 Pensium gañou o primeiro premio mundial nos premios á Innovación Social que anualmente outorga a Fundación Mapfre.

Sobre ABANCA

ABANCA é unha entidade financeira con sede en Galicia que, desde a súa orixe, sitúa a responsabilidade social como un dos seus eixos estratéxicos. Mantén un firme compromiso coa sociedade e a contorna natural nas que opera, e concibe a sensibilidade social como un elemento inseparable da súa actividade financeira.

Neste modelo, as persoas maiores son un dos colectivos de atención prioritaria para o banco, un segmento de crecente peso en España e, particularmente, na comunidade galega. ABANCA é experta na atención a este colectivo, xa que presta servizo a preto de 800.000 clientes maiores de 55 anos, ademais de ter domiciliadas en Galicia unha de cada dúas pensións de xubilación.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .