• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

As compras online crecen un 29% e supoñen o 18% do total, segundo o Observatorio ABANCA by IESIDE

  • As compras online en multimedia superan en novembro ás realizadas en establecementos físicos
  • A actividade comercial descende un 9% en novembro respecto ao ano pasado
  • A oitava entrega do informe de big data de medios de pago de clientes galegos de ABANCA analiza o período do 2 ao 29 de novembro

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 8 - Xeral Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 8 - Xeral Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 8 - A Coruña Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 8 - A Coruña Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 8 - Lugo Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 8 - Lugo Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 8 - Ourense Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 8 - Ourense Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 8 - Pontevedra Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 8 - Pontevedra Ver ficheiro PDF
03-12-2020
RSC

O Observatorio ABANCA by IESIDE publica hoxe a oitava entrega do seu informe sobre a actividade comercial en Galicia, referido ao período do 2 ao 29 de novembro. O informe pon de manifesto un forte crecemento do comercio online, cuxas vendas se incrementan nun 29% respecto ao mesmo período de 2019, e supoñen xa o 18% do total de operacións.

O informe mostra un descenso interanual do 9% (8% incluíndo as compras online) no gasto dos clientes da entidade no comercio galego. En comparación co momento anterior ao comezo da crise do COVID-19, o Observatorio pon de manifesto unha redución do 11%, aínda que se observa un repunte na última semana de novembro debido ao efecto dinamizador do Black Friday.

Seguindo coa tendencia observada nos meses previos, na estrutura de uso de medios de pago o efectivo reduce o seu protagonismo do 42% pre-COVID ao 36% actual. O seu uso cae un 18% en novembro respecto ao mesmo período do ano anterior. A tarxeta de crédito ou débito continúa sendo, co 44% das operacións, a opción preferida polos consumidores.

Análise por sectores

O gasto en establecementos de alimentación mantense un 35% por encima dos niveis previos á crise. No mes de novembro, as compras en alimentación son un 26% máis elevadas que no mesmo período do ano anterior.

Situación similar obsérvase no caso do gasto farmacéutico, que se mantén un 23% por encima dos niveis previos á crise e un 22% por encima do gasto do ano 2019.

O comercio minorista sitúase en niveis un 16% inferiores aos de 2019. Se se contabilizan tamén as compras online, esta redución é unicamente do 8%. Na semana do Black Friday, o gasto en comercios galegos caeu un 22% respecto de 2019, tamén menos, un 17%, se se ten en conta a compra online.

Diferencias entre compoñentes

O comportamento do comercio minorista presenta acusadas disparidades entre os seus diferentes compoñentes. O gasto en moda e complementos experimenta unha caída do 40% respecto de novembro de 2019 en compras totais, aínda que as compras online aumentan un 6%. Fogar e bricolaxe perden o empuxe observado en datas anteriores e crecen só un 3%.

As compras de produtos multimedia crecen un 22% nas últimas dúas semanas de novembro como resultado das campañas comerciais do Black Friday, aínda que o seu anticipo nalgúns establecementos fai que os datos non sexan estritamente comparables aos do pasado ano. Máis da metade das compras de produtos multimedia realizadas en novembro foron online.

O gasto en lecer é un 58% inferior a novembro de 2019, un 63% se se toma como referencia o nivel pre-COVID. O gasto en restaurantes cae un 61% na última semana de novembro, mentres que en hoteis redúcese un 79%. Discotecas e espectáculos caen un 89% respecto de 2019.

A actividade en transporte, incluíndo gasolineiras, mantense por baixo dos seus niveis: é un 35% inferior á etapa pre-COVID e un 40% máis baixa que en novembro de 2019.

Similitude entre provincias

Os ritmos de actividade respecto dos niveis pre-covid compórtanse de maneira homoxénea no conxunto de Galicia, unicamente con lixeiras diferenzas entre o catro provincias. Lugo é a provincia que presenta maior resistencia á crise, mentres que A Coruña é a máis afectada. En Ourense e Pontevedra destaca a contracción do 63% e o 64%, respectivamente, sufrida polo lecer en comparación co mesmo período de 2019.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .