• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Colm Tóibín, Javier Cercas e Pedro Feijóo recollen os XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O gañador do premio en lingua estranxeira, Colm Tóibín, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Momento do acto de entrega dos premios.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Miguel Ángel Escotet, Ubaldo Rueda e Pedro Feijóo, durante as súas intervencións na conferencia de prensa previa ao acto de entrega.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Os gañadores con Miguel Ángel Escotet, Ubaldo Rueda e profesores dos institutos que participaron como xurado.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

03-02-2016
RSC

O irlandés Colm Tóibín, o estremeño Javier Cercas e o vigués Pedro Feijóo recibiron este martes en Santiago de Compostela os Premios San Clemente Rosalía ABANCA nas categorías de lingua estranxeira, castelá e galega respectivamente.

Os tres escritores compartiron unha intensa xornada de actividades cos estudantes de bacharelato do instituto Rosalía de Castro que exerceron como xurado. Tamén participaron nos diferentes actos representantes do profesorado dos outros institutos galegos e europeos que este ano formaron parte do tribunal, así como o director do centro compostelán, Ubaldo Rueda, e o director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet.

Colm Tóibín, por ‘El testamento de María’; Javier Cercas, por ‘El Impostor’, e Pedro Feijoo, por ‘A memoria da choiva’, son os tres gañadores desta XXI edición da convocatoria, que representa, en palabras de Ubaldo Rueda “a consolidación definitiva da internacionalización do certame literario”, como resultado do acordo de colaboración establecido por ABANCA co centro educativo. A entidade canaliza con iniciativas como esta a súa sensibilidade pola educación e pola xuventude, segundo explicou o máximo responsable de RSC, Miguel Angel Escotet, que felicitou os escritores “polo éxito de seducir ao alumnado coas súas obras”.

En opinión do xurado, ‘El testamento de María’ de Colm Tóibín mereceu o premio en lingua estranxeira “pola súa orixinalidade, ao ser contada a historia relixiosa por unha María atea, e pola incrible capacidade do autor para plasmar tan ben o sentimento dunha nai preocupada polo seu fillo”. Na categoría de lingua castelá valorouse en ‘El Impostor’ de Javier Cercas “o tema tratado, a facilidade de comprensión e a técnica empregada, ao describir unha realidade cunha técnica que se aproxima ao ensaio filosófico”. ‘A memoria da choiva’ mereceu o premio na categoría de lingua galega “porque mostra unha realidade coñecida polo alumnado, cunha linguaxe coloquial e próximo a este, á vez que supón un importante labor de aproximación da obra rosaliana á mocidade”.

Tóibín, lonxe de estar sorprendido porque un xurado formado por alumnado de bacharelato valore unha novela tan pouco convencional como El testamento de María, argumentou que se trata “dunha historia poderosa e cando as historias son poderosas, poden viaxar entre países e xeracións, a literatura non ten fronteiras”. O feito de que o alumnado pase semanas enteiras lendo coidadosamente unha novela é, en opinión do premiado, unha aprendizaxe e un adestramento “para ler o mundo dunha forma intelixente, porque ler é un modo de preparar ao alumnado para vivir, se non sabemos ler o mundo, non sabemos vivir”, concluíu.

Pedro Feijóo, pola súa parte, defendeu a necesidade dos premios literarios, en contra do que moita xente opina, “con este plus que teñen os San Clemente Rosalía ABANCA de estar concedidos por xente nova”. “O futuro da literatura virá, dixo, da man desta xente nova”. O escritor vigués considera que a literatura axuda a salvar prexuízos, “se realmente temos unha cultura forte, como estou convencido que é así, a oferta literaria ten que ser ampla”. “É unha arrogancia, engadiu, pasar por enriba dos gustos da xente”, en referencia aos prexuízos xeneralizados sobre o que merece a denominación de literatura e o que non”.

Internacionalización do certame

A singularidade deste premio, creado para fomentar a paixón pola lectura entre o alumnado, é que o xurado está formado por estudantes de bacharelato do propio instituto Rosalía de Castro de Santiago e doutros catro institutos en representación de cada unha das provincias de Galicia, elixidos cada ano por sorteo. Trátase, en esencia, de dar voz á opinión literaria das xeracións máis novas, que son as grandes esquecidas dos xurados literarios.

A deste ano é a primeira edición que conta cun xurado internacional, sumándose aos institutos galegos outros catro centros de países da Unión Europea: Reino Unido, Francia, Alemaña e Portugal. Ademais do Rosalía, foron membros do xurado alumnos e alumnas do Xelmirez I de Santiago, do Lucus Augusti de Lugo, do Pintor Colmeiro de Silleda, do Ferro Couselo de Ourense, do Hockerill College de Londres, do Saint François Xavier de Vannes da Bretaña francesa, do Grimmelshausen de Frankfurt e da Escola Secundaria de Santa Comba Dao.

A participación de ABANCA, como consecuencia do acordo de colaboración co IES Rosalía, dará estabilidade ao certame, contribuíndo á súa internacionalización e favorecendo o seu crecemento en España, Europa e América.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .