DBRS eleva a perspectiva do rating de ABANCA de estable a positiva
- A axencia destaca a sostibilidade da rendibilidade do banco, a calidade dos seus activos e o seu nivel de capitalización
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
A axencia de cualificación DBRS Ratings mellorou a perspectiva do rating emisor a longo prazo de ABANCA de estable a positiva, confirmando a cualificación do banco en A (low).
Así mesmo, a axencia efectuou as seguintes accións de cualificación: mellora a positiva da perspectiva do rating de débeda sénior a longo prazo e de depósitos a longo prazo, confirmando as súas cualificacións en A (low); mellora a positiva da perspectiva do rating de débeda subordinada, confirmando a súa cualificación en BBB; e confirmación de todas as cualificacións a curto prazo (emisor, débeda e depósitos) en R-1 (low), mantendo a súa perspectiva en estable.
Na súa decisión, DBRS Ratings valorou a rendibilidade de ABANCA, a calidade do seu balance e o seu nivel de capitalización. A axencia destaca aspectos como a sostibilidade da súa capacidade de xeración de beneficios, a alta calidade dos activos, a prudencia na xestión do risco, a capacidade de xeración interna de capital e a folgura fronte a requirimentos regulatorios.
Traxectoria á alza
A decisión de DBRS Ratings é un novo exemplo do respaldo que, a través das súas cualificacións, as axencias veñen dando á traxectoria do banco, especialmente en rendibilidade, solvencia, calidade dos activos e fortaleza do balance.
As tres axencias que cualifican a ABANCA, DBRS, Moody´s e Fitch, sinalaron nas súas decisións de 2026 a boa evolución da entidade. DBRS e Moody´s sitúan a entidade na categoría A, o bloque de cualificacións máis elevado das axencias.