• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Dez proxectos internacionais participan na 4ª edición do ‘Programa para Startups’ de ABANCA Innova

  • As 10 Startups participaron durante unha semana en sesións intensivas de formación con profesionais de ABANCA e emprendedores de éxito
  • Máis de 40 directivos de ABANCA axudáronlles a detectar necesidades e a enfocar a súa proposta de valor
  • As 10 Startups participantes foron: Alice Biometrics, Moyo AI, Clinkky,Cobertoo, Clicksurance, KyCredit, Ydata, Codecontract, Biometric Vox, Jscrambler

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Fernando Cabello, CEO de Devengo, durante a súa masterclass

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

02-11-2020
Corporativo

Do 16 ao 30 de outubro de 2020, dez Startups procedentes de diferentes partes do mundo (España, Portugal, Uruguai e México) participaron nunhas xornadas intensivas de formación (Bootcamp) dentro da 4ª edición do ‘Programa para Startups’ de ABANCA Innova.Serás redirixido a outro sitio web

Todas as sesións realizáronse de forma telemática pola crise do Covid-19 e, nelas, participaron máis de 40 profesionais de distintas áreas de ABANCA e emprendedores de diferentes empresas, que explicaron aos asistentes as claves do éxito dos seus proxectos. “O obxectivo do Bootcamp é fomentar a innovación aberta e a colaboración entre as distintas Startups participantes, buscando entre as Startups aquelas que mellor se adapten ás necesidades do banco”, explica Rosa Seoane, xerente de ABANCA Innova.

Un Bootcamp diferente con distintos tipos de eventos

O director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao, foi o encargado de darlles a benvida a este novo programa de formación de ABANCA Innova no que durante toda unha semana as empresas emerxentes puideron participar en distintos tipos de eventos. Por unha banda, a través dos ‘Café Fintech’, tiveron a oportunidade de coñecer, a través de diferentes directivos de ABANCA Seguros e dos equipos de Investment e Innovación de ABANCA, a estratexia de ABANCA nestes ámbitos e que buscan nas Startups para avanzar nos seus produtos. Nestas charlas tamén participaron varias Startups que estiveron en edicións anteriores do programa como DooingIT, Micappital e Hola Lucas. Durante a súa intervención explicaron como viviron o proceso de desenvolver unha proba de concepto dentro do programa para Startups de ABANCA Innova.

Masterclass de dous casos de éxito: Aplazame e Kantox

A formación contou, ademais, cos relatorios de dous emprendedores de éxito como Fernando Cabelo, fundador de AplazameSerás redirixido a outro sitio web e CEO de Devengo, unha startup que conta cunha aplicación que permite a miles de traballadores acceder aos seus salarios devindicados a calquera hora e día da semana de forma instantánea; e Phillipe Gelis, CEO de Kantox, unha fintech española especializada en cambio de divisas.

Fernando Cabelo explicou durante a súa masterclass como se vive o reto de integrar unha startup nunha gran corporación. Pola súa banda, Phillipe Gelis impartiu unha charla sobre como iniciar, crecer e escalar un negocio de máis de 110 persoas e 10 millóns de facturación. Unha gran oportunidade que as Startups asistentes aproveitaron para realizar moitas preguntas e resolver todas as súas dúbidas con respecto ás súas propias empresas.

Cara a cara cos directivos de ABANCA

Unha das partes máis destacadas de toda a semana de formación foron as reunións ‘One-to-one’ que as startups tiveron con catro das áreas estratéxicas de ABANCA á hora de expor as probas de concepto como son as de Innovación, Negocio, Participadas e Tecnoloxía. En total, realizaron 40 reunións con máis de 40 profesionais de ABANCA nas que lles axudaron a detectar necesidades e a enfocar a súa proposta de valor para que se adaptase ás necesidades da entidade.

Por último, a semana do Bootcamp finalizou con dúas xornadas de actualización impartidas por David Seoane, Comms&Communities manager en Fundinbox, que explicou como aproveitar os fondos europeos para realizar unha proba de concepto; e Marco Nigiris, Manager director en Fintech House Portugal, que presentou aos asistentes a ‘Portugal Fintech Report 2020’.

O dez Startups que participaron neste Bootcamp foron: Alice Biometrics, Moyo AI, Clinkky, Cobertoo, Clicksurance, KyCredit, Ydata, Codecontract, Biometric Vox, Jscrambler.

Seguinte fase

Tras a celebración do Bootcamp, ABANCA seleccionará as probas de concepto que seguirán adiante co obxectivo de validar mediante esta proba a tracción da startup e o encaixe con ABANCA.

Durante todo o proceso de desenvolvemento das súas ideas, as startups participantes teñen á súa disposición un programa de beneficios que inclúe a utilización de espazos de coworking nas instalacións de ABANCA Innova, o uso de Amazon Web Services, Google Cloud ou ferramentas de mercadotecnia dixital, comunicación ou recursos humanos valorados en máis de 150.000 euros.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .