• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

DÍA DA EDUCACIÓN FINANCEIRA. ABANCA, Afundación e o Concello de Lugo inauguran a exposición interactiva ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’

  • Poderá visitarse no Centro Cultural O Vello Cárcere da capital lucense ata o 13 de decembro
  • Esta innovadora proposta forma parte do programa de educación financeira que desenvolven o banco e a súa Obra Social desde 2015
  • O curso pasado as diferentes iniciativas impulsadas por ABANCA e Afundación para mellorar a cultura financeira da poboación chegaron a 214.095 persoas
De esquerda a dereita, Zaira Dapena, directora territorial de ABANCA en Lugo; o concelleiro de Cultura e Educación do concello de Lugo, Javier Vázquez; Carlota Sánchez-Montaña, coordinadora adxunta de Educación Superior de Afundación e comisaria da mostra; o coordinador de Responsabilidade Social Corporativa e Institucional de Afundación, José Manuel Mourelo; e o concelleiro de Turismo e Museos do Concello de Lugo, Agustín Gallego, durante a presentación da exposición interactiva 'Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira' en Lugo.

De esquerda a dereita, Zaira Dapena, directora territorial de ABANCA en Lugo; o concelleiro de Cultura e Educación do concello de Lugo, Javier Vázquez; Carlota Sánchez-Montaña, coordinadora adxunta de Educación Superior de Afundación e comisaria da mostra; o coordinador de Responsabilidade Social Corporativa e Institucional de Afundación, José Manuel Mourelo; e o concelleiro de Turismo e Museos do Concello de Lugo, Agustín Gallego, durante a presentación da exposición interactiva 'Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira' en Lugo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, o concelleiro de Turismo e Museos do Concello de Lugo, Agustín Gallego; o concelleiro de Cultura e Educación do concello de Lugo, Javier Vázquez; o coordinador de Responsabilidade Social Corporativa e Institucional de Afundación, José Manuel Mourelo; Zaira Dapena, directora territorial de ABANCA en Lugo; e Carlota Sánchez-Montaña, coordinadora adxunta de Educación Superior de Afundación e comisaria da mostra.

De esquerda a dereita, o concelleiro de Turismo e Museos do Concello de Lugo, Agustín Gallego; o concelleiro de Cultura e Educación do concello de Lugo, Javier Vázquez; o coordinador de Responsabilidade Social Corporativa e Institucional de Afundación, José Manuel Mourelo; Zaira Dapena, directora territorial de ABANCA en Lugo; e Carlota Sánchez-Montaña, coordinadora adxunta de Educación Superior de Afundación e comisaria da mostra.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Presentación da exposición interactiva 'Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira' en Lugo

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Presentación da exposición interactiva 'Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira' en Lugo

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

02-10-2026
RSC

ABANCA, Afundación e o Concello de Lugo inauguraron no Centro Cultural O Vello Cárcere a exposición interactiva e inmersiva ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’. Este acto constitúe o fito central da programación organizada polo banco e a súa Obra Social con motivo do Día da Educación Financeira, impulsado a nivel nacional polo Banco de España e a CNMV, que este ano se celebra o vindeiro luns 5 de outubro.

O acto de inauguración da exposición contou coa presenza da coordinadora adxunta de Educación Superior de Afundación e comisaria da mostra, Carlota Sánchez-Montaña, e o coordinador de Responsabilidade Social Corporativa e Institucional de Afundación, José Manuel Mourelo. Tamén asistiron o concelleiro de Cultura e Educación Javier Vázquez, o concelleiro de Turismo e Museos, Agustín Gallego, e a directora territorial de ABANCA en Lugo, Zaira Dapena. A apertura ao público desta proposta marca o punto de partida do programa de educación financeira que despregarán o banco e Afundación durante o curso escolar 2026-2027, dando continuidade ao labor que ambas as entidades desenvolven de forma ininterrompida desde 2015 e que o pasado curso alcanzou a 214.095 persoas en toda España, con especial impacto no colectivo de escolares, novos, docentes e persoas maiores.

‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’ propón unha experiencia inmersiva pioneira en España que utiliza os personaxes e situacións da Odisea como metáforas dos retos financeiros que nos atopamos ao longo da nosa vida. A mostra aborda de xeito novo e atractiva para públicos de todas as idades os coñecementos, actitudes e comportamentos necesarios para avanzar cara a un maior benestar financeiro.

O obxectivo final é promover unha actitude positiva cara á xestión do diñeiro e para iso proporciona ferramentas e coñecementos sobre conceptos como a inflación, as débedas, os imprevistos, as ganancias, as perdas, os gastos ou os riscos cibernéticos, que son necesarios para afrontar os desafíos que nos afastan das nosas metas financeiras.

A proposta chega a Lugo tras a boa acollida que tivo en Vigo, A Coruña e Santiago. Tras o seu paso pola capital lucense, está previsto que continúe a súa itinerancia en León e Madrid.

Permanecerá aberta ao público, con entrada gratuíta, ata o próximo 13 de decembro, en horario de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, e os domingos de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

Haberá visitas guiadas para o público en xeral e tamén un programa específico de visitas para escolares, cunha actividade didáctica asociada adaptada ás diferentes etapas educativas. As reservas para participar nas visitas guiadas poderanse xestionar a través da web de Ataquilla e as visitas para escolares a través da web de Afundación.

Día da Educación Financeira

Alén da inauguración de ‘Ítaca’ en Lugo, os actos organizados ao redor do Día da Educación Financeira por ABANCA e Afundación inclúen a conferencia “A Odisea Financeira: atopa a túa Ítaca”, impartida pola coordinadora adxunta de Educación Superior de Afundación, Carlota Sánchez-Montaña, e dirixida a alumnado de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Poderá seguirse en directo o vindeiro luns 5 de outubro, a partir das 11.00 horas, a través de Afundación TV.

Así mesmo, ao longo da próxima semana desenvolverase a iniciativa ‘De economía a econotuya’, na que persoas do equipo directivo de ABANCA visitarán centros educativos de diferentes puntos da xeografía española para impartir sesións prácticas sobre aforro, ciberseguridade, criptomonedas e xestión do orzamento.

En concreto, as sesións terán lugar no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (luns 5), IES García Barbón de Verín (mércores 7), o Colexio Labor de Vigo (mércores 7) o CEIP Trajano de Mërida (mércores 7), o Colexio Padres Franciscanos da Coruña (xoves 8), o Centro Plurilingüe Sagrado Corazón Placeres de Pontevedra (xoves 8), o IES Juan de Enzina de León (xoves 8) e o CEIP Campomaior de Ordes (venres 9). .

Programa de educación financeira 2026-2027

A estas accións organizadas con motivo do Día da Educación Financeira súmase o lanzamento do programa de educación financeira para o curso escolar 2026-2027, que inclúe as novas edicións dos tres programas dixitais de referencia para centros escolares de todo o país: ‘Segura-Mente’, ‘A tola aventura do aforro’ e ‘Pon o teu diñeiro a salvo’, que combinan recursos en rede co apoio na aula do voluntariado do banco.

No ámbito da mocidade e o emprendemento, a entidade renovará o seu apoio á única competición de simulación empresarial que existe en España, o programa Young Business Talents, que na súa última edición contou coa participación de máis de 11.000 estudantes. Tamén dará continuidade a ‘Money Sport’, proxecto dirixido a mozos deportistas de entre 12 e 17 anos co obxectivo de capacitalos na xestión sostible dos seus primeiros ingresos ou bolsas.

Como novidade, ampliarase o programa de conferencias 'Preparados para dar o salto' mediante a creación dunha comunidade dixital en redes sociais coordinada por unha mentora financeira.

Para a comunidade docente, consolídase a segunda edición de ‘Gardiáns do Tesouro’, unha proposta presencial que dota ao profesorado de metodoloxías didácticas e ferramentas para abordar a economía familiar nas aulas. O programa complétase con propostas lúdicas como o ‘Gran Prix Financeiro’ e o concurso en liña ‘A Galaxia Financeira’.

Persoas maiores

O outro colectivo prioritario para o banco e Afundación son as persoas maiores. Nos próximos meses continuarán as sesións formativas da quinta edición do plan de formación e capacitación dixital dirixido a este grupo de poboación, que ten como obxectivo ampliar os seus coñecementos e desenvolver as súas habilidades para que se poidan manexar con confianza e seguridade na contorna dixital actual. As próximas accións desenvolveranse en Ourense (8 de outubro), Riotorto (14 de outubro), Vilar de Barrio (20 de outubro), O Barco de Valdeorras (21 de outubro) e Avión (27 de outubro).

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA entrega a Cruz Roja Venezolana os primeiros fondos da súa conta solidaria

07-07-2026
Corporativo RSC

O banco envía a través de Cruz Roja España 235.000 euros da conta solidaria aberta na entidade para apoiar a resposta humanitaria ante o dobre terremoto sufrido polo país caribeño.

Imaxe da campaña 'Ayuda a Venezuela', coa bandeira do país venezolano

ABANCA e Afundación entregan 60 equipos de extinción de incendios aos municipios do sur de Lugo

25-06-2026
RSC

O material forma parte dunha compra global de 1053 equipos de resposta rápida que tamén se distribuíron en Ourense, León, Extremadura e Asturias.

Entrega de equipos de extinción de incendios de ABANCA e Afundación en Chantada, Lugo
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .