Directivos de ABANCA visitan o Lucus Augusti para recoñecer o traballo dos sanitarios
- Os representantes puideron coñecer a contribución dos equipos doados pola entidade á xestión da pandemia no hospital

De esquerda a dereita, o xerente do HULA, Ramón Ares, o coordinador de Banca Institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez, e o director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Directivos de ABANCA visitaron esta mañá as instalacións do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de LugoSerás redirixido a outro sitio web. A visita foi realizada por Javier Soto, director territorial de ABANCA en Lugo, e Óscar Rodríguez, coordinador de Banca Institucional de ABANCA en Lugo, quenes mantiveron un encontro co xerente do HULA, Ramón Ares, e profesionais sanitarios de diferentes áreas.
A visita tivo por obxectivo recoñecer o traballo realizado polos profesionais sanitarios do HULA na súa loita contra o COVID-19 e interesarse pola situación sanitaria actual.
Os representantes de ABANCASerás redirixido a outro sitio web puideron así mesmo coñecer a contribución realizada a ese esforzo polos equipos sanitarios doados ao hospital de Lugo, e ao resto de centros do SERGAS, para reforzar as súas capacidades fronte ao COVID-19.