Fitch mellora a perspectiva de ABANCA e a sitúa en estable
- A axencia afirma os ratings de ABANCA e resalta a súa capitalización, calidade de activos e estrutura de financiamento e liquidez
- As catro axencias que cualifican a ABANCA melloraron a consideración sobre o seu rating en 2021
Fitch modificou á alza a perspectiva que outorga a ABANCA, situándoa en estable. Así mesmo, afirmou os ratings que outorga á entidade.
Fitch basea a súa decisión na mellor posición relativa de ABANCA fronte aos seus pares do sector en canto a calidade de activos, nos seus satisfactorios cocientes de capital, e na súa adecuada estrutura de financiamento e liquidez.
Fitch tamén destaca os progresos feitos por ABANCA en materia de rendibilidade recorrente, grazas tanto ao crecemento orgánico como ao inorgánico, neste último caso mediante a boa execución das adquisicións de negocios levadas a cabo pola entidade nos últimos anos.
Tendencia positiva a pesar da contorna económica actual
Ao longo de 2021 a traxectoria de ABANCA está a ser valorada positivamente por todas as axencias de rating que a cualifican. Tres delas, DBRS, Standard and Poor´s e agora Fitch, melloraron a perspectiva. A cuarta, Moody´s, realizou unha subida de rating situándoo en grao de investimento, nivel que tamén outorgan Fitch e DBRS.