Fitch mellora a perspectiva de ABANCA e sitúaa en positiva
- A axencia de cualificación basea a súa decisión na rendibilidade e calidade dos activos de ABANCA e na boa execución das súas integracións
- A mellora de perspectiva únese á realizada no mesmo sentido en abril por parte de Standard and Poor´s
A axencia de cualificación Fitch Ratings mellorou de estable a positiva a perspectiva do rating emisor a longo prazo de ABANCA, á vez que afirmou os seus ratings. Tras esta decisión, a cualificación crediticia da entidade mantense no grao de investimento ‘BBB-’, agora con perspectiva positiva.
Na súa decisión Fitch destaca como determinantes a mellora estrutural da rendibilidade e a calidade dos activos de ABANCA. Ademais, tamén valora positivamente a capitalización, estrutura de financiamento e posición de liquidez do banco, así como a boa execución das integracións das entidades adquiridas nos últimos anos.
O cambio de perspectiva aplicado por Fitch únese ao efectuado no mesmo sentido en abril desde ano por Standard and Poor´s, que situou a perspectiva do rating emisor a longo prazo de ABANCA tamén en positiva.
ABANCA conta desde abril de 2022 con grao de investimento nos ratings das catro axencias que a cualifican: Standard and Poor´s, Moody´s, Fitch e DBRS.