• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Francisco Botas repasa en IESIDE as claves da transformación de ABANCA

  • O conselleiro delegado de ABANCA imparte na Coruña unha conferencia sobre a evolución e retos de futuro do sistema financeiro español
  • Una folla de ruta definida, orientación ao mercado, foco no cliente, equipo humano, innovación e implicación con Galicia explican a evolución positiva de ABANCA, segundo Francisco Botas

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, durante a súa intervención en IESIDE.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

15-02-2018
Corporativo

O conselleiro delegado de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, Francisco Botas Ratera, repasou esta tarde na Coruña as claves da transformación estratéxica integral acometida por ABANCA nos últimos tres anos, que a levaron a converterse nun dos bancos españois máis sólidos a pesar da complexidade da contorna.

Francisco Botas impartiu no Campus da Coruña do Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDESerás redirixido a outro sitio web) a conferencia “Transformación da banca española. Retos de futuro’. O directivo de ABANCA iniciou o seu relatorio cunha análise do impacto da crise económica e financeira no sector bancario español e os desafíos e oportunidades que se presentan nos próximos anos, nun contexto marcado polos tipos de xuro negativos, a presión regulatoria con crecentes esixencias de capital e protección do cliente, a revolución dixital e a irrupción no mercado de novos actores tecnolóxicos.

Tras este percorrido pola evolución do sector e o seu horizonte a medio prazo, Francisco Botas centrou a súa intervención no proceso de transformación estratéxica integral desenvolvido por ABANCA desde 2014 cunha “folla de ruta clara”, cun modelo de negocio, gobernanza e xestión de riscos totalmente renovados, que garantisen a sustentabilidade futura da entidade. Tres anos despois, resaltou, “ ABANCA é un dos bancos con mellor perfil financeiro do país”, cun nivel de capitalización moi por encima das esixencias regulatorias, unha das coberturas sobre activos improdutivos máis elevadas do sector e unha rendibilidade sostida por encima do 8% a pesar do contexto de tipos negativos.

Entre as claves da transformación da entidade o conselleiro delegado de ABANCA citou a orientación ao cliente e a súa experiencia, o que permitiu ao banco mellorar significativamente os índices de satisfacción ( ISN) e prescrición neta ( IPN) desde 2013. A este factor sumou tamén o compromiso do equipo humano do banco, do que destacou a súa “motivación, implicación e formación”, así como a súa elevada cualificación profesional e a mellora nos índices de cultura e clima experimentada nos últimos anos.

Francisco Botas referiuse ademais á estratexia de orientación ao mercado desenvolvida pola entidade, cuxo principal expoñente é a aposta pola concesión de crédito a familias e pequenas empresas. “ABANCA é a entidade con maior crecemento do crédito a clientes no último ano”, subliñou, á vez que destacou que o banco gañara neste período cota de mercado en todas as liñas de negocio.

Innovación e dixitalización

Durante a súa intervención, o conselleiro delegado de ABANCA aludiu tamén á innovación e a dixitalización como outros dos factores determinantes da transformación positiva da entidade financeira galega. Neste sentido, mencionou as iniciativas máis relevantes desenvolvidas polo banco nos últimos anos, entre as que destacan a firma das operacións de empresas desde o móbil ou o alta de cliente a través de videochamada. Desvelou que case a metade dos clientes son dixitais activos e un 43% das transaccións da entidade realízanse a través de canles online.

Por último, Francisco Botas resaltou “a implicación de ABANCA con Galicia” con datos sobre a concesión de crédito ao tecido produtivo e a posición de liderado da entidade financeira na comunidade, á que achega o 12% do PIB galego e o 13% do emprego e cuxa labor social chega a máis de 1.000.000 de usuarios.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA incrementa o seu capital en 120 p.b. tras aprobar o BCE os seus modelos internos

14-01-2026
Corporativo Financiero

O Banco Central Europeo (BCE) outorgou a ABANCA a autorización para utilizar os seus propios modelos avanzados de avaliación de risco de crédito no cálculo de requisitos de capital.

ABANCA recibe a certificación de sostibilidade BREEAM ES cunha cualificación de excelente para Espacio Avenida

09-01-2026
Corporativo

O banco elixe BREEAM ES para acreditar o seu compromiso cun modelo de edificación eficiente, responsable e orientado ao benestar das persoas.

 O director xeral do centro tecnolóxico ITG, Carlos Calvo, o director territorial na Coruña de ABANCA, Óscar Salgado, e a xerente de Proxectos da área de Inmobles de ABANCA, Pilar Ceide, no acto de entrega da certificación BREEAM a Espacio Avenida
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .