• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Juan Carlos Escotet: “O sector financeiro actúa para atender a demanda social dun modelo económico máis sostible”

  • O presidente de ABANCA interveu na introdución da I Xornada de Finanzas Sostibles de ABANCA, celebrada na sede de Afundación na Coruña
  • O evento reuniu a reguladores, científicos, expertos legais e empresas para reflexionar sobre aspectos como o cambio climático, o marco legal europeo e a perspectiva da industria
  • A apertura do evento foi realizada por Margarita Delgado, subgobernadora do Banco de España, mentres que o peche correu a cargo de Ana Martínez Pina, vicepresidenta da CNMV

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

A subgobernadora do Banco de España, Margarita Delgado.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

A vicepresidenta de la CNMV, Ana Martínez Pina.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Discurso Juan Carlos Escotet introducción I Jornada Finanzas Sostenibles ABANCA Discurso Juan Carlos Escotet introducción I Jornada Finanzas Sostenibles ABANCA Ver ficheiro PDF
18-10-2019
RSC Sostenibilidad

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, interveu esta mañá na introdución da I Xornada de Finanzas Sostibles de ABANCA, celebrada na sede de Afundación na Coruña coa participación de reguladores, científicos, expertos legais e empresas de diferentes sectores. A apertura do evento foi realizada por Margarita Delgado, subgobernadora do Banco de España, mentres que o peche correu a cargo de Ana Martínez Pina, vicepresidenta da CNMV.

Na súa intervención ante preto de 200 asistentes, o presidente de ABANCA avogou por superar “a idea que asocia a sostibilidade exclusivamente aos problemas ambientais”. No seu lugar, Juan Carlos Escotet fixo un chamamento a asumir que “a sostibilidade sintetiza a aspiración dunha vida máis digna en todos os sentidos posibles”, así como a considerar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU como “un deber de toda a sociedade: persoas, asociacións, institucións e empresas de todos os sectores”. Na súa opinión, estas “deben sumarse ao resto da sociedade para alcanzar un modelo máis sostible e digno”.

O presidente de ABANCA cualificou o momento presente de “cambio de paradigma irreversible” e mostrouse convencido de que a sostibilidade “transformará todas as actividades económicas”.

En relación co sector financeiro, Juan Carlos Escotet destacou que as entidades financeiras son conscientes “do seu potencial para promover o crecemento económico e social”, e actúan en favor da sostibilidade de maneira “cada vez máis coordinada”. Así mesmo, referiuse á incorporación da sostibilidade á regulación bancaria como “unha evidencia do lugar relevante que ocupa na axenda pública”.

Transformación da economía

O presidente de ABANCA lembrou que a entidade asumiu como propios os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas, é un dos signatarios fundadores dos Principios da Banca Responsable, e subscribiu o Compromiso Colectivo para a Acción Climática.

Juan Carlos Escotet afirmou que “a sociedade reclama un modelo económico máis sostible e o sector financeiro debe atender esta demanda canalizando recursos cara a proxectos empresariais que incorporen criterios de sostibilidade na súa gobernanza e operacións”.

Como actuacións de ABANCA nese sentido, Escotet citou o lanzamento do servizo de xestión de carteiras Alpha Responsable, conformado con fondos de investimento que atenden a criterios de sostibilidade ambiental, compromiso social e ética na gobernanza, ou a concesión, tanto a grandes empresas como a pemes, autónomos e particulares, de financiamento destinado a proxectos de enerxías renovables ou de mellora da eficiencia enerxética.

“Conseguimos logros innegables”, sinalou, “pero temos que mirar sempre ao próximo obxectivo, que para nós é o compromiso de contribuír á conservación e uso sustentable dos recursos oceánicos”.

Transición de modelo produtivo

A apertura da xornada correspondeu á subgobernadora do Banco de España, Margarita Delgado, que sinalou que “as consecuencias do cambio climático aféctannos a todos, e a transición do noso modelo produtivo actual cara a outro máis sostible incúmbenos tamén a todos: cidadáns, empresas, gobernos e autoridades públicas. No entanto, creo que tanto a banca como as autoridades financeiras compartimos unha responsabilidade destacada”.

Margarita Delgado asegurou tamén durante a súa intervención que “a pesar das dificultades metodolóxicas, a ausencia dunha taxonomía e a falta de granularidade nos datos dispoñibles, ambos, banca e supervisor, debemos acrecentar os esforzos para desenvolver as metodoloxías, controis e estruturas de gobernanza que nos permitan valorar, xestionar e mitigar adecuadamente os riscos asociados ao cambio climático”.

A xornada de debate entre reguladores, científicos, expertos legais, empresas enerxéticas e industriais e sector financeiro serviu para identificar as medidas que deben desenvolverse para avanzar na sostibilidade e a súa translación á actividade financeira.

O peche da I Xornada de Finanzas Sostibles foi realizado pola vicepresidenta da CNMV, Ana Martínez Pina, que afirmou que “o mundo das finanzas está comprometido en avanzar hacia unha sociedade e unha economía máis sostibles”.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .